A última fin de semana se agosto, o sábado 30 e o domingo 31, nas instalacións do Pazo de Mos vaise celebrar a X edición do “ Son do Pazo”.
Non é nada fácil manter con vida un festival destas características, e cando xa chegamos á primeira década de existencia todo parece indicar que algo se debe de estar facendo ben na organización para teren unha existencia prolongada no tempo.
O Son do Pazo, unha cita xa inserida no calendario cultural da comarca da Louriña, artéllase en torno a tres eixos:
-A música tradicional galega
-A identidade celta
-A participación comunitaria
Os tres son importantes, pero este último é, ao noso modo de ver, esencial, pois a comunidade é que o fai posible que a humanidade non sexa unha selva na que cada individuo busque unicamente a satisfacción das súas necesidades propias.
A programación está ateigada de concertos de diversos grupos galegos e asturianos, alén de sesión vermú, pasarrúas, obradoiros varios e múltiples actividades familiares para todo tipo de idades. A continuación amosamos o cartel oficial do festival para que poidan coñecer en profundidade a súa programación

