120 Anos de Casa Gallardo

O pasado 6 de setembro os amigos de Casa Gallardo en Puxeiros celebraron os seus primeiros 120 anos de vida. Waldo Rodríguez, o propietario do local, preparou unha fermosa festa que incluíu música,discursos, petiscos de balde para todas as persoas que se achegaron a compartir con eles un momento tan especial, e toneladas de emoción e afecto que amosaron centos de persoas que ao longo de todo o día tiveron a amabilidade de parar no bar para expresarlle a Waldo e aos seus, o seu afecto e o seu respecto.

Nós, como non podía ser doutro modo, alí estivemos. Tiña a intención de conversar un anaco con Lolo fixo as delicias dos asistentes co mellor polbo do mundoWaldo e publicar as súas impresións sobre como se estaba a desenvolver a festa. Pero foi imposible, ducias e ducias de veciños e veciñas achegábanse continuamente a Waldo a apertalo, darlle os parabén e expresarlle o seu cariño. Waldo, claramente emocionado, recibía o océano de afecto coa súa amabilidade e a súa humildade características. E eu, decidín deixar que gozara do seu día en paz, sen molestalo nun momento en que o seu era que Waldo só estivese para recibir toda esa treboada de afecto que, ollo: non é de balde, gañouno traballando detrás da barra durante varias décadas nas que deu calidade no servizo, humanidade no trato persoal e fixo país, un día si e outro tamén, todos os días do ano de todos os anos.

Parabéns amigo Waldo: ergo a miña copa de maneira metafórica para brindar contigo por unha longa vida para Casa Gallardo e para agradecerche que durante todos estes anos, e todos os que aínda che quedan no futuro, tiveras sido pobo: pobo galego.

Velaí vai unha pequena reportaxe fotográfica dalgúns dos teus moitos amigos e amigas que nos reunimos o 6 de setembro, para dicirche o moito que te queremos a ti, e o moito que lle ten dado Casa Gallardo ao país galego.

A cerca de admin 95 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.