“Os concellos estamos sendo cada vez máis presionados mentres as Xunta actúa como axente comercial”.
Bueu é unha desas vilas que sempre viven nun delicado equilibrio entre tradición e futuro. Asúa identidade mariñeira, os barrios que aínda conservan a pegada das conserveiras e aforza social das asociacións culturais conviven cun tempo novo, no que as administraciónslocais deben dar respostas rápidas e eficaces a problemas de primeira orde: a vivenda, osaneamento, a mobilidade, a sostibilidade enerxética ou a presión turística. Nesteescenario, Félix Juncal volve situarse no centro da escena política municipal, pilotando ungoberno que se enfronta ao reto de demostrar que Bueu pode avanzar sen perder nin unápice da súa autenticidade.
O presente mandato entrou na súa segunda metade con proxectos concretos enriba damesa. Agora semella que hai un ritmo máis definido e con capacidade real de execución. Avila ten varios exemplos palpables: o Parque Urbano Lugrís, pensado como espazointerxeracional e inclusivo; a rehabilitación integral do pavillón de Beluso, que ascende a1,75 millóns e que busca dotar á parroquia dun equipamento moderno, sostible e accesible;ou a recuperación da Banda do Río como espazo de referencia urbana, que xa conta cunconcurso de ideas resolto e avanza cara ao seu plan director. Todos estes proxectos teñenunha característica común: o esforzo notable do propio Concello, que desde 2020 presumede non ter débeda e ademais demóstrao.
A aposta pola sostibilidade non é só un lema. As luminarias LED instaladas nas rúas, apromoción da compostaxe ou as melloras en eficiencia enerxética nos edificios públicos sonmedidas que falan dunha estratexia a medio prazo. Non se trata unicamente de aforrarcustos, senón de situar a Bueu nunha senda de respecto ambiental que lle permita manter acalidade das súas praias e do seu litoral, elementos centrais tanto para o turismo coma paraa vida cotiá da veciñanza. O turismo, por certo, segue a ser unha arma de dobre fío: fontede ingresos e dinamización económica, pero tamén xerador de tensións sobre servizosbásicos como a auga ou o lixo.
Outro dos piares da acción de goberno é a vivenda. Nun contexto no que cada vez resultamáis difícil atopar alugueiros accesibles, o Concello adquiriu tres solares que xa puxo adisposición da Xunta para a construción de vivenda pública. É unha medida que non resolvepor si soa a problemática, mais representa un paso importante: o urbanismo pensado paraxerar dereito social e non só para satisfacer intereses privados. Juncal insiste en que estecamiño só é posible grazas ao desenvolvemento do PXOM, aprobado en anterioresmandatos, e que agora comeza a dar froitos palpables.
As relacións institucionais, con todo, non sempre son doadas. O rexedor denuncia que aXunta de Galicia traslada competencias aos concellos sen financiamento suficiente, comoacontece co Servizo de Axuda no Fogar, obrigando a Bueu a cubrir con fondos propios adiferenza entre o custe real e a achega autonómica.
No ámbito deportivo e cultural, a prioridade é reforzar equipamentos. Ademais, a vilacontinúa a potenciar o seu calendario de festas e actividades culturais, mantendo vivo un tecido asociativo que é, en moitos sentidos, o motor cívico de Bueu. Porque non todo seconstrúe con formigón: tamén é clave soster a identidade e a participación veciñal.En resumo, o Bueu que se debuxa baixo a actual alcaldía non é un municipio que viva dainercia. Hai unha vontade clara de abrir novas vías de modernización e, ao mesmo tempo,de coidar os elementos esenciais da vida diaria. O que se pon en xogo nesta etapa é acapacidade de transformar proxectos en realidades e de facelo sen hipotecar o futuro. FélixJuncal afronta esa tarefa con serenidade e con certo orgullo pola saúde financeiraalcanzada, consciente de que os veciños avaliarán non tanto os anuncios, senón osresultados palpables. A entrevista que segue busca precisamente iso, poñer en diálogo aspromesas coas obras, a visión estratéxica cos detalles do día a día, e comprobar ata quepunto Bueu está a escribir unha nova páxina da súa historia municipal.
Que balance xeral fai do que levamos de mandato?
Fago un balance bastante positivo. Foron sentándose as bases durante moitos anos dosproxectos que nestes momentos se están a executar e doutros moitos que están en camiño.Ao mesmo tempo tamén estamos a traballar en propostas de cara ó futuro co obxectivo defacer do concello de Bueu, o mellor concello posible.
O concello, cunha pequena axuda de Deputación vai investir 900.000 € para o ParqueUrbano Lugrís. Como vai ese proxecto nunha escala práctica: cando comezan asobras e cando estará dispoñible para a veciñanza?
Agora vaise aprobar o expediente de contratación. Vai ser un parque pensado para osskaters pero que ao mesmo tempo vai dispoñer de campos de petanca, e que tamén vaidispoñer de aparellos de ximnasia para a xente maior. Agardamos que de aquí a final deano comecen as obras e que estas, estean rematadas na primavera do ano 2026.
Que significan para vostede espazos inclusivos e interxeracionais como os previstosen Lugrís? Cales son os aspectos de deseño que máis lle importan?
Este tipo de proxectos como de Lugrís, o que teñen que ser, como é o caso, son proxectosque melloren a mobilidade e a accesibilidade das persoas.
O alumeado LED é unha aposta pola eficiencia enerxética. Ten o Concello unprograma máis amplo para renovar alumeado ou infraestruturas públicas cara amodelos máis sostibles?
Isto é unha aposta clara do concello de Bueu. No seu momento contamos con fondoseuropeos e provinciais que nos permitiron ir substituíndo e instalando luminarias LED.Fomos acolléndonos a programas e subvencións pero a maiores o concello, con fondospropios, está substituíndo por LED sempre que pode e segundo se van producindo as avarías.
En moitos casos cambiando unicamente as bombillas, aínda que non poidamos substituírintegramente a luminaria, pero desa maneira imos abarcando cada vez máis espazos.
Dixo que 2025 sería “ano de impulso” para Bueu. Podería explicar e argumentar esaafirmación?
Si, dixen iso porque estamos sendo quen de asumir e comprometer financiamento que éestritamente municipal para grandes proxectos, como é o caso de Lugrís que falabamosantes. Pero xa non é só o ano 2025. Son tamén accións de goberno anteriores as quepermiten este cambio, como é o caso da piscina municipal ou a rehabilitación integral dabiblioteca da que esperamos poder mudar os equipamentos no ano 2026.
Por outra banda, o concello acaba de fallar o concurso de ideas para o impulso da Bandado río. Queremos ter a finais de 2025 ou a principios de 2026 o documento de referencia doque vai ser o proxecto técnico para a reforma dese barrio, o que será en definitiva o plandirector. Mais aínda non temos claro se a Xunta vai colaborar ou non. Ata que punto vaihaber un reinvestimento do que o concello de Bueu vén pagando as augas de Galicia?
En todo caso o concello vai facer a obra si ou si, aínda que teña que ser con fondos propiosxa que temos a capacidade para facelo.Despois tamén temos a rúa Pazos Fontenla no seu tramo urbano, onde haberá unhareforma integral dese vial renovando e solucionando problemas como os que teñen que vercoa iluminación, o saneamento ou a renovación dos materiais do abastecemento de auga.
A aprobación da RPT é un paso de goberno importante. Que melloras concretastraerá en termos de rapidez, calidade dos servizos, atención ao cidadán, limpeza,mantemento das vías e edificios? E por outra banda, vai haber aumento de plantillamunicipal?
A aprobación da RPT foi un fito porque é un marco legal novo que ofrece seguridadexurídica ao concello de Bueu. A implantación da administración electrónica obríganos aosconcellos a pensar nunha reestruturación importante dos servizos. Antes os procedementosadministrativos tramitábanse con máis facilidade porén actualmente non é suficiente aestrutura da que dispoñemos. Fíxose e faise necesario crear novas prazas administrativas ede persoal técnico. Por iso se creou unha praza no departamento de urbanismo e enintervención se pasou de funcionar unicamente con un auxiliar administrativo a ter queconvocar unha praza de recursos humanos. Ata en secretaría houbo que crear unha prazaxa que o volume de traballo medrou exponencialmente.
Ademais hai que sumarlle a todo isto as xubilacións ou os traslados como foi o caso daarquitecta municipal que conseguiu praza na Coruña. É un praza vacante e que a día dehoxe estamos a solucionar cun convenio con concello de Tomiño grazas ao cal, temos unservizo de dez horas semanais. Os concellos precisamos, e cada vez máis, persoal técnico.
En materia de vivenda: vai haber políticas para alugueiro accesible ou vivendaprotexida? Vai fomentar a promoción de vivenda social ou asequible nun momento naque tanto se denuncia a dificultade para acceder á vivenda?
Pois mira, no noso caso, e grazas ao PXOM que aprobamos e ao seu desenvolvemento,puidemos adquirir tres solares que acabamos de poñer a disposición da Xunta para apromoción de vivenda pública. Acabamos de asinar un convenio entre as dúasadministracións grazas, como digo, ao desenvolvemento urbanístico de Bueu. Para nós istoé unha prioridade absoluta e vainos permitir avanzar para poder establecer no local algunhamedida que mellore algo que a cidadanía demanda.
En que punto está todo o relacionado co servizo de recollida do lixo e aMancomunidade?
Tivemos que modificar as ordenanzas fiscais da Mancomunidade para poder cumprir coataxa conforme ao custo do servizo, que ata este momento era un servizo deficitario desde opunto de vista financieiro xa que coa taxa que se cobra actualmente só se cubre a metadedo servizo e o resto está a ter que poñelo o concello desde o propio orzamento.Grazas ao actualización da taxa imos renovar completamente o servizo, aínda que osconcellos da Mancomunidade imos seguir asumindo a renovación da planta de resíduos,dos colectores e do parque móbil. Todo isto vai solucionar os problemas dun servizo que atao de agora tiña algunhas deficiencias que tiñan que ver co infrafinanciamento do mesmo.Estamos con medios obsoletos que imos renovar e substituír. A taxa que agora se está acobrar é practicamente a mesma que a do ano 2003. A nova taxa establecerá un máximode pago pero tamén hai que sinalar que haberá bonificacións en función da situaciónfamiliar e económica así como tamén se poderá reducir esa taxa en función da redución deresiduos. Desde ese punto de vista primará moito a utilización da compostaxe.
Como é relación do concello de Bueu con outras administracións: para saneamento,para infraestruturas, fondos autonómicos ou estatais. En cales deles confía máis paratraer recursos a Bueu e que compromisos debe cumprir para conseguilos?
A cuestión nestes asuntos é que cada administración sexa consciente de quen é e asuma oseu papel porque é ben certo, que a Xunta toma algunhas decisións nas que traslada aosconcellos as súas responsabilidades, obrigándonos a xestionalas cos prexuízos económicosque iso supón.
Este é o caso claro do Servizo de Axuda ao Fogar, onde a Xunta non está a garantir o financiamento deste servizo de ningunha das maneiras. O concello de Bueu, cuxo contratoteremos que renovar en breve, ten unhas condicións polas que ten que aportar dezaseiseuros por hora. Hai concellos que agora mesmo están asinando contratos a vintecinco evinteseis euros á hora.
Pois ben, en Bueu temos 35.000 horas asignadas de Servizo de axuda ao fogar, o que adezaseis euros por hora dá un custo de máis de medio millón de euros. Mentres tanto, aXunta unicamente aporta doce euros por hora. Iso supón que o concello de Bueu está aaportar dos seus orzamentos a diferencia. Así que imaxinemos o que están a aportar osconcellos que pagan 25 e 26 euros. O concello de Bueu vaise ver nesta situación en brevexa que teremos que renovar a concesión.
Pero é que isto mesmo acontece coas franxas forestais secundarias, que é unhacompetencia autonómica e que desde a Xunta nos obrigan subsidiariamente a xestionar.Os concellos non debemos asumir competencias que non nos son propias porque nossupón un desgaste desde o punto de vista financieiro e de xestión.
Despois temos a cuestión da administración electrónica, onde agora os concellos somosrexistro universal o que provoca que outras administracións reduzan o volume de traballonesta área, reduzan persoal, e aforren cartos que si estamos a gastar os concellos, xusto osque máis limitacións financeiras temos. Nós agora mesmo recibimos por rexistro máiscousas que teñen que ver con outras administracións e que nos temos que tramitar paradarlle saída ás administracións competentes, que cuestións relacionadas co propio concellode Bueu e que sexan competencia nosa. Os concellos somos os grandes prexudicados eestamos sendo cada vez máis presionados mentres a Xunta de Galicia actúa unicamentecomo un axente comercial.
Desde o punto de vista da área de deportes, temos algunha novidade salientable decara á segunda parte do mandato?
Aí temos o proxecto do pavillón de Beluso cun investimento total de 1.750.000 euros, doscales o concello aporta 900.000 mil. Iso dá a medida da boa saúde financeira do concello deBueu, que está sen débeda desde o ano 2020.
Bueu está a consolidarse como destino turístico. Como vive o concello de Bueu estáexplosión de persoas no verán, que moitas veces non é tan positiva desde o punto devista da convivencia e do día a día?
É certo que no verán, a cada ano que pasa, algúns servizos municipais están sometidos atensións maiores. Este é o caso do abastecemento de auga que no verán miraseincrementado nun 30% e sen dúbida hai que optimizar eses recursos da mellor maneiraposible.
Ao mesmo tempo tamén hai que dicir que o turismo provocou a recuperación de praias queantes non estaban no censo. Aí temos a praia da Banda do río, por exemplo, que maliaalgún problema puntual é unha praia urbana de garantías e ao mesmo tempo houbo praiasque foron mellorando como a da Pescadoira ou a de Petís.
As praias de Bueu son pequenas e moitas veces as máquinas non poden acceder confacilidade pero aínda que todo iso, facemos o posible para que estean nas mellorescondicións.
Para rematar: en que posición persoal de atopa de cara ás eleccións do ano 2027? Xaquedan menos de dous anos…
Ben, é certo que estamos co ecuador da lexislatura pasado pero obviamente hai que estarpreparado para tomar as decisións oportunas en cada momento.
A día de hoxe non é algo que me preocupe demasiado xa que estou comprometido coadinámica de traballo e de proxectos por chegar que temos.
