Manuel Alfonso Estévez, fillo de Fornelos da Ribeira.
Aínda que teña pouco que ver na orixe, as veces – como neste caso – aparecen xuntas certas tradicións e contos populares, sobre todo nestas FESTAS DO NADAL, que se enchen de lendas, “almas en pena” e, en camiñantes misteriosos.
O NADAL, é a festa tradicional que celebra o “Nacemento de Xesús”, en Belen, e como sabemos, moitos símbolos e costumes veñen de tradicións antes do cristianismo.
Xa no Solsticio de Inverno, era celebrado polos antigos.,no momento en que o Sol renace e os días comezan a medrar. As “arbores adornadas con luces”, o “tizón do Nadal” nas aldeas, e a noite familiar son herdanzas de ritos da festividade e renacemento. Co cristianismo, O Nadal mestúrase coa idea da esperanza, luz e nacemento divino.
O Xudeu Errante, é unha figura lendaria que nace na Europa medieval, e a historia di que era un “xudeu que se burlou de Xesús”, cando este ía camiño do Calvario, e que Xesús o condenou a andar polo mundo ata o “fin dos tempos”, sen descanso.
Hai dúas versións: Unha chámase Ahasverus, a outra, zapateiro, porteiro do Pretorio de Pilato, aínda que outro, aparece como un “vello misterioso” que aparece e desaparece anunciando guerras, pestes e desastres. Se di que so pode descansar na “Noite do Nadal”, cando o mundo se cubre da graza divina.
Na nosa terra, coma noutras partes do mundo, mestúrase coa imaxe dos camiñantes eternos – almas en pena – romeiros que nunca chegan ao seu destino. A relación entre ambos está no imaxinario popular do Nadal, que é o tempo no que o Ceo se abre, e o Xudeu Errante, descansa en paz. A mensaxe é fonda: O Nadal trae, perdón e luz, para quen leva condenado ao “errante”.
O Xudeu Errante na Noite do Nadal, din os vellos, non morre nin vive, anda sempre camiño adiante, sen pouso nin lembranza, coas botas gastadas, e o corazón cheo de silencio, mentres sopran o fogo o pe da lareira, escoitando o Xudeu Errante, coas botas gastadas e o corazón en silencio, andando polos camiños, cruzando rúas e eidos, onde só canta avelaíña. E din os vellos “que non morre nin vive”, que leva nos ollos o reflexo de todas as noite sen amencer, e na gorxa un cántico antigo que non ousa cantar. Pero en cada Nadal, susurran as avoas, e miran a “ Luz do Nadal”, coma quen lembra algo que esperan, e nese instante, mínimo como un salouco, parecen ter o “silencio” no seu corazón.
Pola terra adiante, o Xudeu Errante, avanza súa pegada, borra o seu rostro, para que o vento non o leve. As árbores, recoñéceno: Os castiñeiros se inclinan, os carballos se abren o silencio e O Xudeu Errante, falando só cos camiños, se detén nunha fonte. Non bebe. Só escoita, e el que non pode, “ouvea” por dentro un anaco de cada vida de aldea. E nesta Noite un punto de luz observa, “baixo o camiño das estrelas, o nacemento de Xesús de Xudea”.
