Todos os partidos somos iguais?

Artigo de opinión A Nova Peneira
Alejandro Figueroa Concelleiro Socialista en Mos
Alejandro Figueroa Concelleiro Socialista en Mos

A acción política de cada partido ben sexa, no goberno ou na oposición, non debe ser tomada a lixeira. Algo que especialmente me preocupa cando un cidadán esta descontento é que se afirme que todos facemos o mesmo, xa que é rotundamente falso. Voume referir en concreto a política municipal, ás veces a máis esquecida aínda que é un piar fundamental do noso día a día.

Un goberno dun concello ten que ter claro, o meu entender, que todos os veciños e veciñas teñen o mesmo dereito a todos os servizos sen distinción de calquera índole, algo que aínda a día de hoxe, algún dirixente lle custa entender. Podo pór exemplos e o farei. O Partido Popular de Mos é un gran exemplo desta mala praxe.

No noso concello non é un segredo que se es afín ao goberno do partido popular, podes gozar de certos privilexios, e se non, tes o xusto e necesario. Remítome a unhas declaracións do portavoz do goberno do Partido Popular de Mos para razoar esta afirmación. En un dos pasados plenos do Concello de Mos, o dirixente popular no medio dun acalorado debate, fixo unha afirmación que para min non caeu en saco roto “fixémoslle unha reparación incluso a un militante do PSOE”, este tipo de desacertadas declaracións son as que confirman as formas de gobernar de cada partido político.

Ás veces teño a impresión de ter un grupo de rapaces no recreo do colexio fronte a miña bancada. Pra min, e o meu grupo municipal cada tema que se trata no pleno, é de unha total seriedade e importancia para a vida da veciñanza de Mos. É lícito estar en desacordo coas propostas que a oposición pon na mesa, pero paréceme moi irrespectuoso rirse do traballo feito como fan moitos e moitas concelleiras do Partido Popular de Mos.

Moitas veces, no traballo, na familia ou cos teus amigos tes que mirar para outro lado polo ben común aínda que saibas que non se esta a tomar a mellor decisión, na política faise o mesmo….perdón!! Algúns partidos políticos o facemos. Hai necesidades que dende o poder municipal se poden ou se deben cubrir se outras administracións non o fan, pero que nos fagamos o parvo non quere dicir que o sexamos.

Esta claro que a cidadanía ten que avaliar o traballo dun partido cando goberna, pero tamén é moi importante a maneira de facer oposición. O meu entender, hai un partido que a todos os niveis parece que só eles se merecen estar gobernando, e cando se atopan na oposición non saben estar á altura, estou convencido que sabedes moitos exemplos do que estou a falar, pero cando o Partido Socialista esta na oposición e se toman decisións co goberno de turno para mellorar, sen por pedras na roda sen sentido, teño a sensación que non se valora nin o máis mínimo.

Quero apuntar unha cousiña sobre o feminismo, ese reto fundamental da política actual que parece cada vez máis confuso. Non lle busquemos os tres pes o gato, é cuestión de educación cívica cara un sector da poboación que estivo menosprezado durante, afortunadamente, épocas pasadas. Non deixes de bicar ou abrazar as túas amigas ou compañeiras se elas queren, de ser amable cando entras nun ascensor e lle preguntas se quere pasar primeiro, de axudar coas maletas no tren. Soamente se trata de non facer sentir incomoda a outra persoa. É simple sentido común, o feminismo non te esta atacando.

O nacionalismo, o que para min é algo sempre de dereitas. Non creo que a solución aos graves problemas do mundo sexa parcelar o planeta en estados cerrados, priorizar a acción política e as enerxías en poñer fronteiras. Ser de esquerda é orientar a nosa principal labor na loita contra a inxustiza, contra a fame, a favor da solidariedade e dereitos iguais para os distintos. Se o nacionalismo é un sentimento e unha sensibilidade coas costumes da terra e ter vivido nunha determinada cultura, todos somos nacionalistas.

O argumento de “Ser diferentes” da dereita é o contrario do concepto de igualdade, da defensa dos dereitos humanos e poder conseguir un sistema que priorize aos veciños e o medio ambiente fronte o beneficio empresarial. Eu teño clarísimo, NON todos somos iguais.