Carmen Santos
Medrei nunha casa onde sempre se falaba da importancia de ter un teito propio. Un lugar seguro.Un recuncho noso. Un sitio onde botar raíces, onde gardar as fotos vellas, os libros que non setiran, os silencios que dan tranquilidade e os soños que se maduran sen medo. A miña nai dicíamoitas veces: “o que se ten, gáñase co traballo”. E eu crino.
Crín cando estudaba, cando traballaba máis do que podía dende os 25 anos, compartindo piso cosmeus primeiros soldos de 900 euros como funcionaria en Barcelona e Madrid, coa idea de queanos despois, con esforzo, podería ter estabilidade na miña terra. Crín cando decidín quedar enGalicia, a pesar de que o mundo parecía levanos por diante. Hoxe, xa adulta, con case 20 anos decarreira profesional, cun pequeno peto de aforros e con cabeza, decátome de que o que meensinaron talvez fose mentira. Ou, cando menos, unha verdade que xa non vale neste sistema feitopara frustrar o esforzo e premiar a especulación.
Porque en Vigo, onde vivo, é máis fácil encontrar un piso turístico que un fogar. Porque os prezosnon deixan de subir, tanto para comprar coma para alugar, e os soldos non acompañan. Porque avivenda baleira segue a medrar, pero non se pon á disposición da xente. Porque ás vecespídenche pagar en B, ás veces coñeces quen o fixo, e o peor: ás veces ata entendes por que ofixo. Porque todo é un sistema de renuncias e parches, e o que non se herda, cómpralo con medo,ou non se compra nunca.
E digo máis: aínda que emigraras, aínda que te esforzaras, aínda que fixeras todo “ben”, a casanon chega. E se chega, chega coa axuda dos pais, coa renuncia aos fillos, coa angustia de nonpoder enfermar, ou coa culpa de non chegar a máis. E o peor é cando comezas a aceptalo comonormal. Porque non o é.Non é normal que para vivir con dignidade, teñas que esperar a que teus pais falten.
Non é normalque aceptemos como inevitable que só os que teñen, poidan seguir tendo. Non é normal que ospolíticos digan que “a vivenda é un dereito” mentres fan como que fan, pero non fan nada deverdade.
A vivenda non é un luxo nin un premio a quen tivo sorte. É a base desde a que se constrúe unhavida. É o lugar onde envellecer sen medo, onde mirar ao futuro con tranquilidade, onde amar, ondecoidar, onde resistir. E por iso doe. Doe cando ves que ninguén con poder político fala claro, ninactúa con valentía. Doe cando che din que “non é tan sinxelo”, mentres ti xa levas unha vidaenteira facendo o difícil
.Eu non quero que me regalen nada. Quero que se premie o esforzo, que se castigue a trampa, quese poña a vivenda no centro das políticas públicas. Quero que vivir aquí sexa posible sen dependerdunha herdanza, dun golpe de sorte ou dun trato baixo a mesa.
Porque “a miña casiña, o meu lar” non é só un verso fermoso de Rosalía. É un anhelo que levaséculos vivo en nós. É unha lembranza que nos fala de dignidade, de raíz, de futuro.
E por iso hoxe, máis ca nunca, defendelo é defender o país que queremos ser.
