O goberno de Rueda non construirá na nosa vila ningunha das 2.286 vivendas proxectadas ata o 2028

Mondariz queda fóra do plan da Xunta de vivenda protexida

O pasado 3 de xaneiro o presidente da Xunta de Galicia anunciou que un dos obxec7vos da Xuntade Galicia era promover 2.286 vivendas públicas ata 2028. Con este propósito o goberno galego creou a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, que depende da Consellería de Vivenda ePlanificación de Infraestruturas. Ningunha destas vivendas estará en Mondariz.A dispoñibilidade de vivendas sociais é esencial para apoiar a familias en risco de exclusión ouafectadas por desafiuzamentos. Desde o ano 2003-04, a Xunta de Galicia non constrúe vivendasde promoción pública en Mondariz, o que ten dificultado o acceso á vivenda digna a moitas familias, algunhas delas en situación de vulnerabilidade. Incrementar a oferta de vivendas nonoso concello mediante o fomento da rehabilitación de vivendas unifamiliares deshabitadas e a compra e finalización de edificios de vivendas inacabados pode atender mellor estasnecesidades.

Tanto o fomento da rehabilitación de casas en mal estado como a adquisición de edificios devivendas sen concluír por parte do Concello de Mondariz e/ou a Xunta de Galicia para destinalos a vivendas sociais pode achegar beneficios significativos sociais, estéticos e urbanos

Optmización de recursos existentes

Na actualidade a Avenida de Portugal de Mondariz, existen dous edificios de vivendas senrematar en venda, que provocan un mal efecto esté6co, degradando a imaxe urbana da nosavila. Ademais temos varias casas entre medianeiras (diante da Casa do Concello ou na rúa Concepción Arenal por exemplo) que se atopan deshabitadas e en estado de abandono, algo que tamén contribúe á deterioración ambiental, ao retroceso residencial e á minoración do atractivo do casco urbano.

Para os concelleiros e concelleiras de AporM, favorecer e fomentar a rehabilitación de vivendas unifamiliares e adquirir e completar a construción dos dous edificios de vivendas que se citarondebe ser un proxecto estratéxico e prioritario para o noso concello, xa que permitiría aproveitarun capital edilicio existente, evitando o estrago e o abandono destes inmobles deshabitados ouinacabados, algo que, ademais, reduciría o consumo de novos recursos en forma de materias primas.

Para os concelleiros e concelleiras de AporM, favorecer e fomentar a rehabilitación de vivendas unifamiliares e adquirir e completar a construción dos dous edificios de vivendas que se citaron debe ser un proxecto estratéxico e prioritario para o noso concello, xa que permitiría aproveitarun capital edilicio existente, evitando o estrago e o abandono destes inmobles deshabitados ou inacabados, algo que, ademais, reduciría o consumo de novos recursos en forma de materias primas.

Por todo isto, en marzo de 2025 presentamos á Corporación unha iniciativa para solicitar á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que adquirise os dous edificios inacabados situados na Avenida de Portugal co obxectivo de rematar a súa construción e destinalos a vivenda protexida (venda a prezo taxado ou aluguer social).

Nesa iniciativa, aprobada por unanimidade da Corporación en abril de 2025, pedimos tamén que o goberno municipal compilase toda a documentación técnica necesaria para solicitar á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a declaración da vila de Mondariz como Área de Rehabilitación Integral (ARI), paso previo para iniciar a rehabilitación das vivendas deshabitadas e/ou con risco de derrube situadas neste ámbito.