Sempre ca Revolución Bolivariana.

Presidente Maduro liberdade!

Paulo Peres Lago [Comité Antifascista da Louriña]

Os EUA construíron a súa dominación usando tres ferramentas, o dólar como moeda de pago nas transaccións internacionais, a dominación cultural e ideolóxica, e o poder militar.

Nesta etapa histórica, o dólar está perdendo peso no comercio mundial ameazado polos BRICS ca curva de tendencia en declive, a dominación cultural só se manifesta nos países aliados vasallos e lambebotas europeos, e o seu poderío militar é cuestionado por cada vez máis países. Incluso superado amplamente en tecnoloxía e capacidade de produción por Rusia, como demostra a guerra en Ucraína, que usada como proxy está a punto do colapso militar pese a todo o apoio da OTAN.

O imperio norteamericano está perdendo a influencia e o peso global que o sostiña. Intenta por tódolos medios ralentizar a súa agonía, tal e como describe no seu documento de seguridade nacional, quere controlar os recursos naturais, como o afogado que toma un bocado de aire, do que chama o seu patio traseiro, unha denominación supremacista para referirse a América do Sur.

A súa supervivencia é ben resumida polo orangután colorado que ocupa a Casa Branca nas últimas declaración sobre Venezuela. Control do petróleo que será vendido e cobrado en dólares por USA, e que serán usados para que o país compre todo o que necesite ao mercado ianqui, xunto ás restricións de vendas a países inimigos como China.

O secuestro do seu presidente lexítimo sinala a declaración dunha guerra multifacética, quero dicir, psicolóxica, económica, enerxética e militar, contra o mundo multipolar emerxente. É unha mensaxe do que están dispostos a facer contra todo aquel que non se pregue aos seus mandatos. Este é o motivo que impulsou o criminal secuestro de Nicolás Maduro, na que se empregaron máis de cen aeronaves, centenares de drons, equipos de guerra electrónica, bombardeiros estratéxicos, e centos das súas elites militares de asalto, resultando nunha operación na que sufriron moitas baixas.

A consigna foi `éxito a calquera prezo´. Non podían permitirse un fracaso, tras meses apostados ás portas caribeñas, o imperio do norte non tiña máis opción que poñer toda carne no braseiro. A Venezuela Bolivariana resistiu o que puido entregando a vida de 80 soldados na defensa do seu presidente, e aínda que o bárbaro secuestro tivo éxito, a Revolución Bolivariana está máis cohesionada que nunca nos aspectos político, militar e social, fechando fileiras arredor dos seus lexítimos dirixentes.

En tódolos países claman pola liberdade de Maduro e Cilia Flores, hai mostras de solidariedade activa co proceso Bolivariano, e os EUA son sinalados como os piratas criminais que son. As mentiras caeron polo seu propio peso, a loita contra o narcotráfico resultou en asasinatos extraxudicias de pescadores que non tiñan capacidade de chegar aos EUA cas súas embarcacións, e co saldo de máis de cen pobres almas executadas.

Estas accións formaron parte de guerra psicolóxica contra Venezuela, nunca houbo outro motivo. As acusacións contra Maduro foron desmentidas, o `cártel do soles´ foi a escusa infundada para “dummies” e para a oposición ultrareaccionaria na diáspora que logo servir de construtora do falso relato, agora é ninguneada e excluída como lle corresponde aos traidores.

Para entender o ADN das elites profundamente racistas que dominan USA, só basta retroceder 200 anos. A América do Norte chegaron do Reino Unido os herdeiros do asasino de cristiáns Cromwell, protestantes de toda índole, misóxinos, supremacistas, retrógrados, patriarcais e xenófobos mesturados con lúmpen, e criminais da máis baixa estofa, que unha vez alí, apropiáronse das terras e masacraron aos poboadores nativos ata o seu exterminio.

Existen “DOCUMENTOS” asinados que proban que foron os primeiros en usar guerra biolóxica contra os nativos, aos que contaxiaron a viruela entregándolles mantas contaminadas, usando a fame como arma de guerra, cazando bisontes para eliminar a súa fonte de sustento, inundando de alcohol e drogas os poboados, aniquilando a millóns de indios e decenas de etnias. Os que sobreviviron foron encerrados en “reservas” sen capacidade de prosperar ou desenrolarse humanamente.

O falso relato de libertadores de escravos non foi máis que a competencia desleal que o sur facía ao norte ca man de obra barata, e que serveu de escusa para a guerra civil, posto que os do norte tiñan que pagar salarios e resultaba máis caro producir. Foi unha guerra económica, nunca pensaron nos escravos.

Este ADN foi transmitido de xeración en xeración, ensalzando de heroes a vulgares matóns xenocidas. Crearon o mito do “Destino Manifesto” que os convertía en gardiáns da liberdade e a democracia no mundo, e que Hollywood se encarregou de espallar.

Os USA foi fundando sobre matanzas, asasinatos, saqueo, roubo e destrución, eses cimentos con aluminosis están esfarelándose diante de quen queira ollar unha realidade que xa non se pode ocultar. Mais como todo imperio no seu ocaso, vólvese máis perigoso que nunca, sementa discordia e enfrontamentos, guerras, e o máis perigoso de todo, é que posúen armas nucleares.

Con todo iso na Venezuela, hai un pobo digno que non se entrega. A espada de Bolívar por América Latina camiña.

Antifascistas e antiimperialistas sempre!