Os populares esixen un mantemento en condicións deste centro musical, primeiro de titularidade pública recoñecido pola Unesco nunha xestión realizada por Javier Bas como alcalde, ata que se proceda á súa substitución por un novo edificio dada a antigüidade do actual.
A formación liderada por Javier Bas lamentou que Redondela padeza outra xornada de colapso xa que, aos problemas no conservatorio, engadíronse atascos e retencións de alomenos vinte minutos nas primeiras horas da mañá.
Redondela, 10 de febreiro de 2026
O grupo municipal do PP de Redondela vén de denunciar o mal estado no que se atopa o conservatorio de música, que sufre numerosas pingueiras, filtracións e entrada de importantes cantidades de auga nestas xornadas de choiva polo mal estado da cuberta e cuxa situación vese
agravada por outros problemas, como afundimentos, humidades ou falta de sistemas de prevención actualizados.
O conservatorio de música –primeiro de titularidade pública recoñecido pola Unesco nunha xestión realizada co anterior goberno do PP– ten que tratar de conter a entrada de auga destes días con de cubos e outros recipientes espalladas por distintas áreas e aulas, dificultando o desenvolvemento da tarefa formativa.
Ademais, este edificio, moi antigo e que precisa da súa substitución por un novo, tamén presenta un importante afundimento na sala de audición, que ademais está acordoado de xeito irregular por unhas cadeiras; humidades no teito; o sistema antilumes sen revisar desde o ano 2022; e incluso o oco dun enchufe que ardeu a principios de ano e que está simplemente protexido por unha rexiña, o que pode ser un risco ante a entrada de auga que padece o edificio.
Está claro que en Redondela está chovendo moito, pero menos que noutros concellos da nosa provincia e en ningún se sofren diariamente as consecuencias do tempo, que desta volta chegaron ao noso emblemático conservatorio, porque o executivo municipal atópase completamente desbordado e superado e non é quen de planificar alternativas para diminuír os prexuízos que diariamente están
a padecer os redondeláns no seu día a día tanto nas infraestruturas como nos edificios e os servizos públicos”, lamentou o voceiro municipal, Javier Bas.
Outro día con graves problemas de tráfico
Neste senso, os populares tamén denunciaron que os problemas na plataforma dunha rúa volveron a ocasionar “ unha nova xornada de caos na entrada” da localidade, con moitas dificultades para circular tanto para autobuses como para turismos nas primeiras horas da mañá, aínda que estes problemas se están reproducir en calquera momento do día, e con longos atascos.
O tema do tráfico está a ser un problema grave e recorrente sen que haxa alternativas malia que son coñecedores das previsións meterolóxicas e de que lle estamos advertindo da necesidade de actuar, os edificios públicos, nesta ocasión o conservatorio, sofren problemas un detrás doutro e non sabemos o que poderá pasar mañá ante un goberno paralizado, que non se anticipa e que non ofrece solucións”, concluíu Bas

Primer comentario