Paulo Peres Lago [Comité Antifascista da Lourinha]
Siria é unha peza importante debido a súa posición xeográfica. Non ten grandes riquezas en recursos enerxéticos, nin minerais, mais está nun lugar primordial para as rutas comerciais, enerxéticas, e de cadea de subministración.
O imperialismo anglo-ianqui-sionista intenta frear o crecemento dos BRICS cortando esas rutas, que serve para que o ente xenocida e criminal sionazista poida expandirse como fixo cara os altos do Golán, creando un colchón estratéxico e apropiándose das riquezas acuíferas. O protectorado Rojavo, subvencionado, armado, e soportado loxisticamente pola CIA e o Pentágono, funcionaron como pinza no derrocamento de Al-Assad, como unha pata que sostivo os plans do sindicato do crime (Mossad, CIA, MI6, DGSE), xunto con Turquía, para a balcanización da República Árabe Siria.
No seu momento, Al-Assad permitiu que os kurdos ingresaran no norte para protexerse dos ataques de Al-Qaeda e o ISIS, mais traizoaron ao pobo sirio no 2011, cando colaboraron co chamado Exército Libre Sirio, unha torre de Babel de mercenarios sanguentos ás ordes emitidas dende Langley en Virginia, e que xunto aos chamados cascos brancos, facían montaxes de ataques de falsa bandeira con armas químicas para culpar ao goberno de Al-Assad de masacrar ao pobo sirio.
Estes traidores das YPG/YPJ, xunto ao PKK, arrebataron as zonas no norte máis ricas en petróleo e en terras agrícolas, contribuíron a empobrecer ao pobo sirio, e estiveron entregando esas riquezas aos EUA. Son auténticas tropas terrestres baixo o mando de xenerais ianquis que teñen máis de dez bases militares na zona, simples monicreques imperialistas que serán entregados a Erdogan para que os masacre como fai cos kurdos na Turquía. Na actualidade cos yihadistas no poder en Siria, estamos vendo como xa non son funcionais aos intereses imperialistas, e agora perante o abandono, os kurdos maniféstanse diante das embaixadas ianquis para pedir protección, tal e como fixeron no Reino Unido e no Iraq.
As YPG e o PKK críanse a salvo no seu protectorado deseñado polo Pentágono, escoitaron os cantos de serea nas voces de militares ianquis, prometíanse moi felices ata que os intereses do “amigo norteamericano” virou completamente. Pensaban erroneamente que os EUA ían enfrontarse a Turquía, un país da OTAN para defendelos dos planos que Erdogan ten para esa zona? Perante anos venderon a idea dunha Rojava “autoorganizada”, “comunas independentes”, á vez que protexían os negocios norteamericanos na zona. Uns mercenarios baixo protección ianqui, mais que con estas consignas consegueron “fascinar” a troskos, anarcolibertadores, e demais fauna das esquerdas progre-woke.
Con fotos de mulleres armadas con AK-47, engaiolaron a unha tropa de antiimperialistas de sofá que nin leron, nin lerán a Marx, Lenin…etc, iso sí, seguen a individuos que sacan frases de contexto, moi dados a consignas de “pacotilla”, que coñecen a alguén que é amigo doutro, que di que leu a un que ten un libro sobre imperialismo. Son os parvos útiles ás directrices das administracións ianquis, os mesmos que definen a guerra da OTAN por medio da Ukronazia contra Rusia como guerra interimperialista, os mesmos que ollan a unha muller kurda con un fusil e din que é unha muller empodeirada, mais se a muller leva hijab e é iraní, coitada hai que derrocar a terríbel ditadura dos Ayatolás.
Son os que camiñan cos anteollos eurocéntricos e que homologan todo segundo estándares europeos, mercan toda teoría saída dos think-thank norteamericanos, incapaces de elaborar pensamento propio, revestindo os seus posicionamentos con retórica subversiva, resultando en revolucionarios de salón que fan reunións hiper-mega-anticapitalistas no Burguer King. No estado español os troskos chiquilicuatre e a camarilla progre-reformista-woke, saen ás ruas a defender un proxecto anticapitalista, autoxestionado, armado, e financiado con dólares que obedece a intereses dos EUA? O chiste cóntase só.
Igual que os kurdos, acabarán manifestándose para solicitar protección diante das embaixadas ianquis para Rojava? Para un trosko nada é imposíbel.
Antifascistas e antiimperialistas sempre!

Primer comentario