Xose Manuel Fernández Costas “Muxicas”
Abrir unha nova sección que trata sobre música de base tradicional é, para min, un orgullo e un privilexio.
Vai para cincuenta anos que por vez primeira me puxen publicamente cunha gaita ó lombo, acompañado na ocasión no tambor polo meu mestre de lingua e titor de COU no instituto da Guía. Foi o 17 de maio do ano 1977. A el quero dedicar o meu primeiro artigo nesta publicación, agora que vimos de darlle a triste despedida. Xesús Alonso Montero. Máis que un mestre para min. Un pai.
O primeiro tema exposto é un pasodobre que compuxen o pasado ano 2024 para a Rondalla de Reis de Zamáns, da que actualmente son director. “BATE FORTE”.
Porque só batendo forte acádanse obxectivos que poderían parecer lonxanos, pero ós que con obstinación pódense chegar.

Primer comentario