Sanguiñeda, identidade rural no corazón de Mos
No val da Louriña, a medio camiño entre a área metropolitana de Vigo e o rural do interior da provincia, a parroquia de Sanguiñeda, situada nobarrio de Piñeiro, representa unha das expresións máis vivas do Concello de Mos. Cunha poboación que supera os 1.600 habitantes, esta parroquia combina crecemento, forte tecido veciñal e unha intensa vida cultural e deportiva. Está oficialmente catalogada como parroquia rural, chamada Santa María de Sanguiñedaforma parte das dez parroquias que compoñen Mos xunto con Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Tameiga e Torroso.
Baixo a advocación de Santa María, a parroquia conserva na súa igrexa, a igrexa de Santa María de Sanguiñeda é o principal elemento patrimonial da parroquia. É unha igrexa vinculada ao Camiño Portugués de Santiago, o que lle dá interese histórico e cultural, e forma parte do patrimonio relixioso local. Arredor dela estruturouse ao longo de séculos unha comunidade que soubo adaptarse aos cambios sen perder o sentimento de pertenza. Historicamente, Sanguiñeda xa figuraba nos padróns do século XIX cunha poboación de 219 habitantes a mediados dese século.
Na parroquia atópase o parque de Sanguiñeda, unha área verde titulada polo Concello de Mos que ofrece espazos de lecer: área infantil, zona de xogos de auga, pista polideportiva e instalacións para deportes e benestar. É un recurso usado por veciños e familias da contorna.
A transformación demográfica das últimas décadas fixo de Sanguiñeda unha parroquia dinámica, favorecida pola súa proximidade ás principais vías de comunicación e á cidade de Vigo. A presencia da autovía A-55 reforza o seu papel como espazo residencial estratéxico, onde conviven familias de longa tradición coa nova veciñanza que escolle Mos como lugar para vivir.
E por este trazado da A-55 e as modificacións propostas para a A-52 o que trae á veciñanza de Sanguiñeda o debate e mobilizacións veciñais que xunto coa xente de Bembrive de Vigo, están en loita contra o novo trazado porque esnaquizaría e cambiaría o xeito de vivir destas dúas parroquias do rural galego.
E Sanguiñeda tamén son amantes do deporte e contan cun equipo de fútbol federado, o Alerta Sanguiñeda. Este Club de Fútbol dispón de un equipo categoría Sénior en terceira Galicia e un equipo de Veteranos en segunda división. Actualmente disputan os seus partidos no campo do Pontellas, do veciño Concello do Porriño
E agora falamos de troula, pois pola vía principal de Sanguiñeda non só se atopa a mítica e coñecida Sala de Festas Queen, onde non deixaron de bailar e festexar varias xeracións das familias mosenses, senón tamén achegados doutros puntos das vilas da comarca e mesmo do país veciño Portugal, senón que tamén é o espazo elixido pola administración local para organizar o percorrido do desfile das comparsas do entroido.
O Entroido de Mos ten unha data marcada en vermello no calendario local. Cada ano, a rúa principal de Sanguiñeda transfórmase nun gran escenario festivo onde comparsas, música e cor enchen a Avenida. O Desfile do Entroido 2026, celebrado o pasado domingo 22 de febreiro, congregou a 1.353 participantes distribuídos en 21 comparsas que desfilaron pola avenida en pleno espírito de creatividade e celebración popular. O desfile inclúe categorías infantís e adultas, coa competición por premios á mellor comparsa infantil, mellor comparsa adulta, mellor carroza, mellor vestiario e mellor animación.

O desfile comezou coa saída de cinco comparsas infantís, catro de Mos e unha de Vigo, seguida dunha formación procedente de Vigo na que participaban persoas con mobilidade reducida, subliñando o carácter inclusivo da festa.
A festa, organizada polo Concello de Mos, aposta por favorecer a participación cidadá sen perder a esencia do Entroido tradicional, cun concurso no que as comparsas optaron a premios á mellor carroza, vestiario e animación, entre outras categorías.
Un dos momentos máis esperados foi a presenza especial de “O Xabarín”, o popular personaxe infantil galego da TVG, que se sumou á celebración para interpretar unha canción e entregar o premio á mellor comparsa infantil.
Tras o paso das agrupacións pola rúa principal de Sanguiñeda, a festa continuou cun concerto do grupo “Pa ti na Má”, que puxo o broche musical á xornada de Entroido.
Para moitos colectivos, asociacións culturais e centros educativos, o desfile e as actuacións non son só diversión: representan o resultado dun longo traballo de creación de disfraces, coreografías e mensaxes satíricas que, durante meses, preparan cos seus membros e familias.
Entre o son das campás de Santa María e o ritmo das batucadas do Entroido, Sanguiñeda segue a escribir a súa historia. Unha parroquia que medra, celebra e constrúe comunidade, converténdose nun dos corazóns máis activos de Mos.

Primer comentario