Na vila de Ponteareas, na rúa Trobador García de Guillade nº 50, está o club deportivo Lean. Este é un club que leva sete anos de actividade na vila do Tea, e que se dedica a formar aos seus alumnos e alumnas nos distintos deportes de loita. Asemade tamén compiten nos campionatos aos que teñen a oportunidade de acudir, e recentemente acadaron éxitos deportivos máis que notables entre os que destaca un campionato de España absoluto. Nós falamos co seu director.
Jose Loren, director do club.
“ Os recentes éxitos deportivos son un enorme orgullo para todos os que formamos parte desta familia”
Canto tempo levades funcionando en Ponteareas?
Levamos 7 anos. O primeiro estivemos na mesma rúa pero noutro local, e os 6 últimos estamos nas instalacións actuais.
Recórdanos que é o que facedes?
Traballamos as artes marciais e os deportes de loita. Ensinamos taekwondo, defensa persoal, kickboxing, boxeo…
En que abano de idade se moven os vosos alumnos e alumnas?
Moi amplo. Este tipo de deportes son bos para todas as idades. No noso caso o alumno máis novo ten 3 anos e o maior 60.Aínda que a maioría dos nosos alumnos son persoas novas.
Alén de ensinar tamén competides, e creo que con bastante bo resultado. Como están indo ultimamente as competicións?
Están indo moi ben. Os últimos resultados foron unha campioa galega cadete e dúas subcampioas no campionato galego cadete celebrado en Betanzos en decembro do ano pasado.
Nese campionato galego clasificamos a varios para ir ao campionato de España
Que tal os resultados no campionato de España?
A nosa deportista Icía Sousa quedou campioa en cadetes de menos de 59 quilos. E outros éxitos importantes foron o subcampionato de España na categoría pre cadete acadado por Daniela García.
A nosa Aitana González acadou o ouro en individual e o ouro en parellas na súa especialidade.
E por último na categoría Master, Juan Carlos Pena acadou o terceiro posto de España na súa especialidade de “ Master trío”
Todos estes éxitos son en Taekwondo?
Si, e aínda hai algún máis: pronto se celebrará o Open de España en Alacante, un importante campionato internacional no que estarán representados máis de 50 países e haberá dúas representantes do noso club: I. Sousa e I. Riveiro.
En Kickboxing e full contact pronto teremos a oportunidade de amosar as nosas cualidades?
Pois si, temos campionato en Marín e alí estará o noso club con 8 representantes.
Vós noutros momentos xa tendes tido importantes éxitos deportivos, pero algo tan relevante como campionato absoluto de España, como foi o caso de Icía Sousa, é a primeira vez,non?
No que se refire ás clasificacións que nos permitan ir ao campionato europeo esta é a primeira vez. No que respecta a campionatos de España por clubs xa temos 6 ou 7.
Que significou para o voso club ese campionato de Icía, e a posibilidade de que vaia á representar á selección española no campionato de Europa que se disputará en Bulgaria?
Un orgullo tremendo para todos os que formamos parte desta familia. E para min en particular, que xa estou chegando á fin da miña carreira, unha satisfacción inmensa.
Fostes recibidos polo goberno municipal de Ponteareas?
Si, fixéronnos unha recepción moi bonita. Para os rapaces que se lle recoñeza o esforzo e o seu talento nun deporte minoritario como o noso é moi importante. Eu estoulle moi agradecido ao goberno de Ponteareas por telo feito así.
Ti xa non ningún neno Loren, quédache moito para seguir facendo o que fas?
Efectivamente non son ningún neno. Teño 63 anos, quédanme un par deles para xubilarme,pero o taekwondo é a miña vida e mentres o corpo aguante, dunha forma ou doutra, seguirei colaborando neste fermoso mundo.
Cando o teu corpo xa non che permita seguir o futuro do club está asegurado? Ou corre perigo?
O futuro do club está asegurado. A seguinte xeración ven empurrando con forza, e cando eu non estea eles seguirán formando aos alumnos e alumnas que queiran achegarse aos nosos marabillosos deportes.
Que beneficios supón a práctica dos distintos deportes de loita?
Ademais dos indiscutibles beneficios físicos, os deportes de loita achegan valores moi importantes para o día a día de quen os practica regularmente: Disciplina, compromiso, compañeirismo solidariedade e seguridade.
Este é un deporte de grande tradición en Ponteareas, de feito o seu equipo de Hóckey foi fundado na década dos 50 do século pasado, pero hai cousa de 20 anos deixou de existir […]
18/03/2022Tino LagoCondadoComentarios desactivados en Chus Garrote tenenta de alcaldesa de Ponteareas polo PSdeG
Chus é unha muller de Ponteareas, nova en idade, ten tres anos menos ca min, pero xa veterana neste mundo da política. Despois exercer a oposición ao alcalde Salvador González entrou no goberno con Pepe Represas de alcalde, e agora exerce de tenenta de alcaldesa no mandato de Cristina Fernández. Chus é unha muller profundamente vinculada co seu pobo, malia que vive en Areas é natural de Xinzo é que exerce a súa responsabilidade con entusiasmo […]
23/04/2021Tino LagoCondadoComentarios desactivados en Anabel Antela presenta o seu traballo en Ponteareas
Na Peneira anterior conversamos con Anabel. Recordemos que ela é unha moza de Ponteareas que ven de rematar a súa carreira universitaria e que como traballo de fin de grao publicou unha exhaustiva investigación sobre a situación do idioma galego no sector téxtil: “A lingua galega no sector téxtil, visión opinión e posición da xeración millennial galega”. […]
Primer comentario