Continuamos a xeira de reportaxe polo universo do rock galego falando con André, un mozo de Redondela que o día 5 deste mes de abril lanza un tema no noso idioma chamado “ Ata Estoupar”. Poderémolo desfrutar a partir dese día en you toube e nas distintas plataformas musicais. André fai rock con influencias de hardcore e nós fomos coñecelo. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa
André Vaqueiro
“ Eu fago música porque me gusta, porque me relaxa e porque o paso moi ben”
A túa relación coa música é profesional?
Non, é pasional. Eu gaño a vida traballando de comercial. A música fágoa cando teño tempo. Eu fago música porque me gusta, porque me relaxa e porque o paso moi ben.
Alén de pasional a túa relación coa música é tamén familiar
Pois si. O meu pai, a miña nai, a miña irmá e boa parte dos meus tíos tamén están ou estiveron mergullados no universo musical. A participación da familia e incluso dos amigos é moi importante para min.
Ti seica lle dás a varios instrumentos?
Si: guitarra, batería, baixo
Temos que darche os parabéns porque vas quitar un tema en galego
Si, vou quitar un tema que se vai chamar “ Ata estoupar”.Xa está editado e todo listo para que o próximo día 5 de abril suba o vídeo a you toube e ás distintas plataformas musicais.
Tes un tema anterior que parece influenciado por Maná, non?
Maná, Jarabe de Palo…Si, recoñezo que quedou un tanto pop..
Como vai ser “ Ata Estoupar”?
Bastante máis duro. É rock alternativo con certa influencia do hardcore.
Levouche moito tempo facer “ Ata Estoupar”?
Si, si que me levou, pero porque traballo moito e non podo dedicarlle todo o tempo que me gustaría á música. Con este tema en concreto comecei en setembro do ano pasado e sae, como che dixen, o 5 de abril.
Despois de ver o vídeo do tema anterior non queda outra que preguntarche se tes a batería no baño da casa?
Ha, ha, ha, ha…Non, claro que non. Iso foi unha performance
E sobre o viño que aparece nese vídeo que nos dis?
Pois que tivemos que repetilo 23 veces porque se fixo todo plano secuencia e mi madriña…socializamos ben,a verdade é que si
O vídeo de “Ata estoupar” vai seguir eses mesmos parámetros de socialización?
Ha, ha ha, ha, ha….Non, vai ser un vídeo moito máis san. No caso de que apareza algo aparecerá tónica ou auga con gas.
Cal é o teu referente musical?
A min gústame a música. E eu escoito de todo, pero o que escoito con máis frecuencia porque é o que máis me chama a atención é o rock alternativo con toques de hardcore. Logo, como a calquera que fai música, busco todo o que me gustaría que tivera un tema e procuro facelo eu.
Para cando o vindeiro tema?
Agardo que como máximo dentro de seis meses.
E xa tes pensado como vai ser?
Se cadra algo máis alegre, pero haberá que velo cando chegue o momento.
A autoedición é moi complicada?
É moito esforzo, si. Pero como é algo que me gusta eu lévoo ben. Eu o que primeiro fago é a melodía e logo en función do que me transmita esa melodía escribo a letra.
Seguirás moito tempo facendo música?
Se só fora cuestión de gañas si, desde logo que si. Pero como comentamos antes editarse a un mesmo non é nada doado, o traballo e a vida diaria exixen moito tempo e esforzo e non resulta fácil dedicarlle á música todo o que me gustaría. Pero eu seguirei todo o que poida.
Poderás chegar a vivir profesionalmente da música?
O recente congreso do PP tiña un slogan cun significante ben rechamante “ Toma partido por España”, pero cuxo significado conceptual é máis ben confuso. Que significa “tomar partido por España” en concreto?: […]
09/10/2019Redacción A Nova PeneiraRedondelaComentarios desactivados en O PP de Redondela fai balance dos 100 días do goberno (cando só transcurriron 77) para queixarse de que suben os gastos que eles mesmo aprobaron en contra do goberno
Non souberon contar os días que leva o goberno actual e tampouco foron capaces de facer o cálculo do gasto en salarios e grupos políticos da corporación […]
Primer comentario