A formación nacionalista oponse a que Redondela considere os sábados como día festivo por encarecer as viaxes en taxi. Sinalan que os taxis son empregados en moitas ocasións pola xente maior das parroquias para facer xestións da vida diaria no casco urbano,
incluído os sábados de mañá.

O goberno local aprobou no pleno cos votos a favor do PP de Redondela a suba da tarifa dos taxis igualando os sábados a días festivos. O BNG decidíu non apoiar esta medida ao entender que supón un aumento de arredor dun euro en cada desprazamento para os usuarios e usuarias

O voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González, explicou que “a nova tarifa vai en contra da economía de moitos veciños e veciñas, especialmente dos residentes nas distintas parroquias. As mañás dos sábados, trátanse dunhas horas de moita actividade na que numerosas persoas, sobretodo maiores, precisan desprazarse cara aos centros urbanos de Redondela e Chapela para realizar as súas compras, ir ao médico ou facer xestións habituais

Nun concello como Redondela onde temos problemas serios de mobilidade por falta de transporte urbano, o concello debe dar facilidades para que os veciños e veciñas podan moverse, non subir prezos e por máis atrancos á mobilidade.

Resulta contraditorio que a alcaldesa, Digna Rivas, pase de anunicar a creación dun serizo de taxi que xamais se puxoe en funcionamento, a aplicacar unha suba de prezos que dificulta e encarece a mobilidade da veciñanza.

Desde o BNG sinalan que comparten e comprenden os dereitos dos profesionais autónomos do taxi, que tamén están a sufrir o impacto da suba xeral de prezos e moi especialmente do incremento dos carburantes. Con todo, consideran que este sobrecsto non debe recar sobre a veciñanza das parroquias que depende deste medio de transporte para a súa mobilidade diaria.