Paulo Peres Lago [Comité Antifascista da Lourinha]
Os EUA e o seu criminal imperialismo, na loita polo control do mercado global, usou as ferramentas dos bandidos perversos que son, violando o dereito internacional, as fronteiras e soberanías nacionais, provocando masacres, causando devastación e destruíndo nacións enteiras. Todo pola apropiación de recursos enerxéticos e materias primas, favorecendo a industria armamentística e o oligopolio da construción.
A OTAN foi usada para a loita contra toda aquela nación que se opuxera aos seus plans, que representase un perigo polo seu modelo de organización social, ou para a conquista de novos mercados. A CIA, o Pentágono, e a Casa Branca, son o triunvirato máis mafioso que pariu o poder. Non se conforman con esmagar ás nacións que consideran inimigas, senón que someten aos seus aliados a espionaxe, promoven candidatos que beneficien os seus negocios, ou tratan aos seus amigos como mucamas domésticas.
A OTAN creou un exército nas sombras, a rede Stay Behind, un exército ben adestrado en sabotaxes tanto industrial como de infraestruturas, comunicación, operacións, fabricación de explosivos con materiais caseiros, etc. Diseminado por toda Europa Occidental, con células formadas por elementos fascistas que se adicaron a frear mediante técnicas contrainsurxentes, a influencia de partidos comunistas, organizacións operarias, sindicatos de clase, e todos aqueles colectivos que se declarasen anticapitalistas e pola revolución socialista-comunista nos países europeos.
Adestrados polo MI6, financiados pola CIA, e coordenados polos países integrados na OTAN dende unha ramificación secreta da mesma, participaban tamén os servizos de intelixencia de cada país. Os ataques de falsa bandeira foron unha necesidade na loita contrainsurxente realizada por estas células Stay Behind, que na Italia tomou o nome de `Gladio´, onde logo de varios atentados foi descuberto a implicación de membros do servizo segredo nestas atrocidades.
Existen declaracións de axentes que participaron, e que foron a prisión, na que contan que se sentían seguros pola cobertura da CIA. Logo dos atentados eran levados ao Estado español, onde estaban protexidos pola ditadura franquista. Na estrutura de apoio figuraban elementos de tódalas institucións do estado. Dende o poder executivo, xustiza, militares, policías, directivos industriais, banqueiros, todos cooperaban en diversas facetas das operacións de falsa bandeira, armas, loxística, vías de escape, ocultación de probas, financiamento, etc.
A partir da derrota infrinxida pola URSS, tódolos nazis non foron xulgados. Esa foi a coartada para dar un revestimento de lexitimidade a Nuremberg. Unha grande parte deles, altos cadros de gran preparación en distintas disciplinas, foron captados polas democracias occidentais e pasaron a ocupar cargos en distintas áreas: Exército, seguridade nacional, defensa, no Pentágono, na CIA, e na OTAN.
Foi esta organización terrorista quen absorbeu toda esta camarilla de nazis, non polas súa calidade humana ou valores éticos e morais, senón polo seu profundo e visceral odio aos comunistas. Reinhard Gehlen, Albert Schnez, Adolf Heusinger, Hans Speidel, Johannes Steinhoff, Johann von Kielmansegg, Ernst Ferber, Karl Schnell, Franz Joseph Schulze, ou Ferdinand von Senger und Etterlin. Durante 15 anos sementaron o terror na Italia, Bélxica, Alemaña, causando máis de 400 mortos, centenares de feridos, logrando o debilitamento dos partidos eurocomunistas.
Todas estas accións, o macarthismo institucional, a represión do estado, os atentados e asasinatos cometidos polos fascistas, as campañas mediáticas, a presión social, etc, tiveron repercusión no ideario dos partidos comunistas, nos seus dirixentes orgánicos e teóricos, que aceleraron a renuncia á toma do poder pola forza, á loita de clases.
Aceptaron definitivamente as regras do xogo burgués, deixaron de ser comunistas para converterse en socialdemócratas, inventaron o eurocomunismo, unha deriva propia da claudicación e podremia ideolóxica, mais tamén propiciada polo medo, pola acoso ao que eran sometidos.
Deixaron de ser partidos de cadros como vangarda do proletariado, para converterse en partidos de masas aceptando o electoralismo burgués, mudando revolución por reforma, abandonando os principios do marxismo-leninismo. Durante a transición, houbo 271 asasinados pola BPS, pola garda civil e os grupos de extrema dereita, como o Batallón Vasco Español, Forza Nova, Guerrilleiros de Cristo Rei, falanxistas, etc… Non tiña sentido a creación destas redes Stay Behind, posto que xa había grupos fascistas dispostos a todo, mais si que mantiveron estreitos contactos cos membros de Gladio.
Hoxe o macarthismo acentúa a cacería. Hai cuestión de un mes o perrucón laranxa ianqui e Narco Rubio, reuniron a 60 países nunha cruzada contra o “terrorismo de esquerda”, acusando de ser unha ameaza global contra a `liberdade e o progreso´. Non se pode ser máis cínico, hipócrita, e mentireiro… Nesta altura da historia xa temos claro quen asasina crianzas e familias enteiras na Palestina ocupada, temos claro quen agride ao Irán prometendo envialos á idade de pedra, ao igual que G.W. Bush ao Iraque, destruíndo todo o país e a súa civilización.
Os EUA financiaron e deron golpes de estado en 27 países de América do Sul, financiaron e financian paramilitarismo, crearon Al-Qaeda, ISIS, e tódalas franquías terroristas na Asia Oriental, mataron aos seus propios cidadáns nun ataque de falsa bandeira (11-S) para ter a escusa de destruír Libia, Iraque, Siria, Irán, Sudán, Iemen.
Os verdadeiros terroristas son eles, e a OTAN, é a ferramenta dese decadente imperialismo, como poder contrainsurxente, criminal e anticomunista feroz.
Antifascistas e antiimperialistas sempre!


