Salvaterra de Miño 14 de Setembro de 2026
A primeira vez que chegou este nome á miña persoa, foi lendo a historia novelada do rei Felipe II, Filipe I en portugués, da periodista e escritora portuguesa Isabel Stilwell. Nela narra como Felipe II intentou que D. Sebastião desistise da idea de loitar contra os mouros en ese enclave xeográfico actualmente pertencente o reino de Marrocos, pero o destino estaba trazado e o rei de Portugal D. Sebastião perdeu a vida na batalla.
Alcazarquivir está ubicada na rexión de Tánxer, preto de Tetuán e na actual provincia de Larache, no curso medio do río Lucus. Zona montañosa suave, está a uns 178 km de Ceuta, cidade que estaba en poder de Portugal.
Tánxer estivo baixo o dominio portugués dende 1471 até 1661. Ceuta estivo en mans portuguesas dende 1415, conquistada baixo o mando do rei Juán I, pasou finalmente a coroa española cando recuperou Portugal a súa independencia en 1640, por esta razón histórica, a bandeira de Ceuta aínda ten símbolos e cores de Portugal. Esta decisión de permanecer leal á coroa española foi asinada no acordo entre España e Portugal polo Tratado de Lisboa en 1668
O suceso máis importante que alí aconteceu, efectivamente , foi a batalla de Alcazarquivir, chamada tamén dos tres reis porque nela foron mortos o 4 de Agosto de 1578 o rei de Portugal Sebastián I, o sultán exiliado Muley Ahmed e o sultán Abu Marwan Abd al-Malik I. Con esta derrota acabaron os intentos portugueses de conquistar Marrocos. A perda da vida do rei portugués nesa batalla provocou unha crise dinástica que levou a unión das coroas de España e Portugal durante 60 anos.
Nesta batalla enfrontáronse uns 20.000 europeos máis uns 6000 mouros que levaban consigo uns 40 canóns de diferentes calibres, polo contrario os mouros contaban con unas forzas entre 70.000 e 100.000 homes. As baixas acadaron uns 9.000 mortos pola banda portuguesa e uns 16.000 prisioneiros, que incluían gran parte da nobleza portuguesa, e moi poucos puideron fuxir, por contra os mouros sufriron unas 1.500 baixas.
A batalla acabou tras catro horas de intenso combate, como xa dixen, coa total derrota dos exércitos de D. Sebastião e de Abu Abdallah Mohammed II Saadi. Nesta aventureira empresa, que xa fora desaconsellada por varios observadores, D. Sebastián embirrou en acudir en auxilio do deposto sultán Muley Ahmed, asegurándose o apoio económico de Felipe II, quen aportou tropas, cabaleiros e carruaxes, inclusive co apoio doutros países europeos coma o Sacro Imperio, nela foi gastado grande parte do tesouro portugués.
O cadáver do rei portugués foi recuperado do campo de batalla e sepultado en Alcazarquivir. En Decembro dese mesmo ano foi entregado ás autoridades portuguesas en Ceuta, onde permaneceu até 1580, data na que foi trasladado o mosteiro dos Xerónimos de Belém. Os prisioneiros foron vendidos como escravos.
O valeiro dinástico solucionouno Felipe II o ocupar o país como novo rei de Portugal, creando unha unión ibérica que duraría uns 60 anos até a guerra de restauración.
Deamos agora un salto no tempo varios séculos. En xuño de 1911 o exército español ocupou Alcazarquivir e Larache, enmarcados nos acordos habidos cos franceses que deron lugar o establecemento do protectorado español de Marrocos, ocupación que durou até 1956, con capital en Tetuán. Foi convertida nunha base militar de grandes dimensións do grupo de forzas Regulares Indíxenas, Larache nº 4. Contaba con hospital militar, servizos sanitarios e oficinas da administración como a de Asuntos Indíxenas, estación do camiño de ferro, etc., era un dos principais pasos fronteirizos entre os protectorados español e francés.
O protectorado estaba formado por dous territorios do actual Marrocos, xeograficamente separados polo protectorado francés. A zona norte incluía as rexións do Rif e Yebala, tiña fronteira coas ciudades de Ceuta e Melilla, (prazas soberanas españolas que non formaban parte do protectorado o ser territorio español) e coa zona internacional de Tanger, o Sur e o Leste co protectorado francés. A zona sur, coñecida tamén como Cabo Juby, extremaba co Sahara español e ó norte co protectorado francés, co río Draa como fronteira e a o Leste coa Alxeria francesa.
E por que vos conto todo isto?, pois ben, fai unhas semanas mandáronme dende Bos Aires imaxes da cartilla militar dun soldado. O soldado en cuestión chamábase José Cordero García, fillo de Dorindo e Filomena, nacido en Leirado o 27 de Abril de 1934. Foi declarado soldado apto para o servizo no remplazo de 1955, entrando na Caixa de reclutas de Pontevedra nº 69 o 1º de Agosto de 1955.
Destinado inicialmente o Rto. de Infantería, Simancas nº 4 de Xixón, o 25 de Marzo de 1956, incorporouse no Grupo de Regulares de Larache nº 4, permanecendo en esta forza en servizo da súa crase até o día 24 de Xullo de 1957, que por orde da superioridade foille concedido o permiso ilimitado, sendo pasaportado para, S. Roque, Leirado, parroquia de Salvaterra de Miño. Pasou a revista regulamentaria da cartilla nos anos 58, 59 e 60.
No ano 61 xa debía estar emigrado na República Arxentina, de onde me mandou esta foto que expoño o seu sobriño Rubén, Secretario da Asociación de residentes de Salvaterra de Miño en Bos Aires.
Faleceu a mediados dos 70 na provincia de Córdoba. O home non andaba moi ben de saúde, a familia sospeita das vivencias que debeu sufrir durante o servizo militar naquel lugar de Marrocos
Fonte das reseñas históricas e xeográficas, Wikipedia.


