A Nova Peneira, que xurdía un día calquera do mes de xaneiro, veu renovar o nacionalismo, o sindicalismo, e a desmentir todos os bulos desa dereita que nunca acaba de extinguirse, por desgraza. Dicía o escritor e amigo Eduardo Galéano. ¨ Somos o que facemos, para cambiar o que somos¨. Estas palabras son moi certas, porque hoxe en día dirixir un xornal de esta ideoloxía é todo un atrevemento. O capital é unha apisoadora intelectual e social que arrasa. Claro está que conta cunha cantidade de esquirois obreiros que soñan con trepar. Non fai moito estando en Jerez de la Frontera, alguén me dixo, que alí había trescentos señoritos e outros trescentos que querían selo. Estamos nun fronte social tan perigoso que nin nos imaxinamos. As democracias tambaleanse. Acó e aló. Un vento desértico, atravesa as cabezas pensantes do fascismo, mentres nós esperamos. Esperamos que se arranxe este atranco social só. A psicoloxía para entender este feito é fácil. Mentres uns dormen, outros traballan para ter ese éxito do terror e poder. Nada é casual. A sociedade fascista, leva anos adestrando e puxando polos seus intereses. Empezan a ollar os resultados. Por iso teño que dicir, que os xornais que calan bulos e nos dan a información necesaria son moi necesarios. Chegar a 200 números nun xornal é moi difícil, moito máis se a liña que elixes é na defensa da xente humilde e das causas perdidas. Cando hai alcaldías que no seu dereito da súa liberdade cortan subscricións para afogarte, é aí onde temos a riqueza da resistencia. Cando un home cumpre un soño que beneficia a sociedade e sinte esa calor da satisfacción propia por dentro, iso vale o que moitos nunca saberán. Cando Tino Lago decidiu dar este paso, xa sabía facía moito tempo, dos atrancos a liberdade. Os que inda nos tocou vivir na ditadura de Franco, sabemos diso, outros falan, porque nunca lle viron o cu a curuxa. Está claro que estamos chegando a un estado de submisión, que vista con determinación, é algo impúdico. Ninguén nos vai a salvar, se non somos nós mesmos de maneira colectiva. Hoxe hai máis prensa amarillista que nunca, e o televexo comezando pola tve gaita é escandalosa. Para iso, usan o noso diñeiro, para avergonzarnos. Como si foran un ente relixioso fan sentirnos culpables, ou polo menos iso intentan. A prensa escrita do poder, mantén a moitos sicarios e outros acólitos, que esperan recibir algunha esmola. Todos coňecemos a diferencia que hai entre mestre e discípulo, entre amo e escravo. Sempre é a superioridade de un sobre o outro. No mundo Putin espera recuperar o peso internacional que hoxe non ten. Trump como San Gabriel espera someternos.
Ten este home na súa conduta.
Ten nos seus ollos, un xogo de mísiles.
Ten no seu cerebro tanta forza bruta.
Que pido un novo tempo de caraveis e abriles.
Cando colaboro nun xornal, ás veces non sei que dicir, parece que xa todo está dito, pero non é certo. O maior pecado do intelectual é o EGO. Nel pecan a maioría dos artistas, escritores, poetas, pintores, escultores e colaboradores. O poeta Bécquer dicía. Mentres haxa un misterio para o home. ¡Hai poesía! Eu digo, que mentres haxa un home idealista con ideoloxía. Teremos a esperanza da vida. Hoxe, como un día dixo o grande mestre Álvaro Cunqueiro. Pido mil primaveras máis para a Nova Peneira.
Peneirar Peneirarei.
Vello cacique galego.
Eu non irei
no conto, nin polo rego.
Nos Eidos de Salcidos, setembro do 2026
Francisco Álvarez Koki

