O veterano Abel Losada liderará a candidatura socialista pola provincia de Pontevedra o próximo 29N.Abel é profesor de economía na Universidade de Vigo, e, despois dunha extensa carreira de servizo público, afronta con ilusión a responsabilidade de liderar ao PSOE na nosa provincia, convencido de que van ser primeira forza en Pontevedra e de que, fronte a enquisas que claramente tratan de desmobilizar ao electorado progresista, se hai unha elevada participación é perfectamente posible repetir o goberno progresista liderado por Pedro Sánchez.

Abel Losada é un tipo ao que xa teño entrevistado outras veces e sempre que saio de falar con el teño a mesma sensación: é un conversador excelente, educado e culto, co que é un pracer compartir o tempo. Velaí vai o resultado da nosa conversa

“ Hai partido, claro que o hai. E imos tratar de gañalo ata o final, porque as persoas progresistas somos máis que as reaccionarias”

Ben, todo foi moi diferente e todo tivo a súa parte satisfactoria. Pero, se cadra foi o parlamento, porque alí estiven 14 anos e en tanto tempo sempre recibes máis satisfaccións. Por outra parte a actividade no parlamento permite actuar sobre problemas concretos transversais, que afectan a colectivos amplos. E cando podes axudar a que se resolva un conflito que afecta á vida diaria dalgún grupo de persoas,é moi satisfactorio.

Si, moito. Foino porque me dei de conta de que o estado ten unha presenza no día a día moito maior do que parece.

Ten que ver coa miña posición intelectual socialdemócrata. Eu non entendo o progreso económico se non hai unha segunda fase de redistribución para que ninguén quede fóra. No caso contrario imos a sociedades tensionadas e inseguras, ata o punto de que poden chegar a colapsar.

Eu falei exclusivamente do que vivín como subdelegado do goberno. E o que eu vin foi uns funcionarios públicos moi respectuosos.

Ben, era cos que habitualmente trataba eu, claro. Pero tamén tratei con moitos axentes. Por exemplo, lembro con certa emoción como o día do apagón moitos gardas civís, que estaban de permiso, se presentaron voluntariamente na comandancia a axudar no que fixera falta.

Eu non estiven no alto de San Cosme. É certo que vin algún vídeo no que parecía que o dereito de manifestación ía un pouco máis alá. Entendo que a situación que se viviu naquel momento foi moi tensa para todos.

O que dixen ao respecto das forzas de seguridade na miña despedida da subdelegación de goberno refírese exclusivamente ao que eu vivín, que é o que coñezo. Non vai máis alá.

Teño serias dúbidas de que falando con rigor se poida dicir que Abascal teña algún tipo de posición intelectual.

Eu creo que di iso porque no manual da extrema dereita pon que hai que dicir iso. O malo é o que hai detrás.

Negocio, puro e duro negocio. Utilizar as pensións para facer negocio con elas. A este respecto quero contar unha anécdota:no curso 82-83 entrei eu en 1º de económicas e un profesor díxonos que as pensións non eran viables.

Estamos falando de hai 44 anos¡¡.

Os ámbitos do público que están máis cuestionados son os que teñen maiores posibilidades de negocio, a sanidade e as pensións. E aí está o verdadeiro quid da cuestión: a dereita pon en dúbida a viabilidade das pensións para podelas converter nunha área de negocio.

Si, son viables. E a emigración é un elemento fundamental para que as pensións sigan sendo viables.

Eu creo que hai dúas vías. Primeiro está a construción de vivenda pública que ten que ser un elemento moito máis importante do que o foi ata agora, e logo temos que ser valentes e non ter medo a poñer límites aos prezos dos alugueiros. Evidentemente non é o mesmo unha persoa que aforrou toda a vida, e que é propietario dun piso alugado que lle serve para complementar os seus ingresos, que un fondo que posúe 150 pisos, pero dalgunha maneira hai que limitar os prezos. A vivenda é un ben básico para a vida e non pode estar sometido 100 por 100 ao libre mercado.

A min paréceme máis importante a gratuidade cá titularidade. Preocúpame a inxustiza flagrante de que a vía central de comunicación de Galicia teña unhas peaxes tan elevadas. Eu creo que hai que seguir na liña de baixar as peaxes ata que poidamos abordar de maneira rigorosa e seria canto significaría o rescate. A min o que non me gustaría é que se transferira a Galicia e que quen teña que afrontar o custo do rescate sexa a administración autonómica.

Eu creo que está morto. Case desboto que se recupere ese proxecto aínda que a dereita chegase ao goberno. Deixo o case por se acaso, pero creo que sería moi difícil que ese tema se retomase. As restricións ambientais son moi importantes e o nivel de contestación social extraordinariamente elevado.

Eu non comparto en absoluto o discurso de que criticar unha sentenza sexa un atentado contra a independencia xudicial. Simplemente se critica algo que non se comparte. Parece que ás veces a dereita e o poder xudicial teñen unha comuñón de intereses que a min me é difícil de entender.

No caso do TSXG e o eólicos houbo un cambio de sección que foi unha manobra tan evidente que resulta imposible non vela.

Eu creo que o desenvolvemento dos eólicos ten que producirse dalgunha maneira que corrixa os profundos déficits na reversión dos beneficios ao territorio, e aos seus habitantes. Tamén é necesario considerar o seu impacto ambiental, e desde logo que hai sitios nos que non se poden pór.

Si, coñézoo. E non teño a máis mínima dúbida sobre que sempre fai o que considera xusto e correcto.

Eu son un obreiro da política. Poño o mono de faena e traballo con moita ilusión tratando de escoitar os problemas e as visións de todo o mundo.

De todo o mundo dentro da civilización. Se alguén me entra con algunha excreción como por exemplo” Perro Sánchez hijo de puta” pois evidentemente con ese tipo de persoas non é posible falar. Tamén as encaro con preocupación. En Madrid coincidiume cunha concentración de persoas vestidas de negro, e encarrapuchadas que berraban “ Maricones fuera de Chueca” que para min foi terrible, terrible é á vez revelador.

Porque é un indicio de que poderiamos ter serios problemas de regresión de dereitos. E esa posibilidade preocúpame moito.

Posible é, si claro que si. Non é fácil, pero tampouco é nin moito menos imposible. De feito estes días están saíndo enquisas que falan practicamente dun empate técnico. Desde logo as enquisas que daban unha vitoria esmagadora da dereita a min parécenme que a sobredimensionan dunha maneira máis que evidente.

Así por exemplo venme á memoria unha que en Murcia lle daba 8 escanos á dereita e só 2 á esquerda. Que o voto de esquerdas nesa comunidade só sexa dun 20% é totalmente inverosímil. Son enquisas feitas para desmobilizar. Hai partido, claro que hai partido, e imos tratar de gañalo ata o final

Por outra parte o contexto do mundo parece que amosa que a onda ascendente da dereita chega por fin á súa fin:Vitoria de Lula, derrota de Trump, derrota da dereita en Serbia, derrota de Netanyahu…O 29 N se hai unha mobilización masiva confío en que a dereita vai ser derrotada tamén no noso país. Porque os progresistas somos máis que os reaccionarios.

Vou tratar de pelexar polo 4.

Ben, tendo claro que vou pelexar para que a esquerda teña 4 e que ese 4º sexa socialista, ese 3-3-1 non estaría mal e si, si que o asinaba porque implicaría que a esquerda segue sendo maioría na nosa provincia.

Claramente si. Se sumamos os votos do 23 do PSOE e de Sumar superan aos que obtiveron o PP +VOX. Ten que haber unha mobilización masiva e unha concentración do voto progresista na lista de Senado de Progreso, incluso dos votantes de esquerdas que para o congreso prefiran outras opcións, porque Senado de Progreso é a única oferta electoral que ten opcións realistas de sacarlle senadores ao PP e a VOX. Non esquezamos que na nosa provincia pactaron, e o PP só presenta dúas persoas ao senado e Vox 1, polo tanto se gañan eles, de Pontevedra sairía tamén un senador de Vox.

Eu se fora a túa filla votaría ao PSOE, claro. Hai intereses do pobo galego que se cadra se defenden mellor desde Galicia, pero hai cuestións, que tamén lle van afectar no seu día a día, que van máis alá das comunidades autónomas. Por exemplo estou pensando agora na presión que mete EEUU para que destinemos o 5% do PIB á compra de armamento. Se iso se concretase o recorte de servizos sería brutal, e desde logo que afectaría gravemente ás mozas e mozos da idade da túa filla. Creo que ese tipo de decisións de estado se defenderían moito mellor se quen lidere eses gobernos progresistas, o PSOE, ten maiorías máis sólidas das que tivo esta lexislatura.

Absolutamente si.