Autor: Tino Lago

Sobre a finalidade da arte, as Tanxugueiras, a España carpetovetónica e o país galego

A consideración de cal debe de ser a finalidade da arte non está pechada, nin é algo que se poida obxectivar pois ao longo da historia existiron distintas interpretacións e non houbo ningún acordo unánime entre filósofos e historiadores para definir uns parámetros obxectivos entre os que se poida encadrar a finalidade das distintas creacións artísticas

Read More

Luis Bará Torres, deputado do BNG

Cando Gabriel Celaya escribiu aquel fermoso poema no que maldicía a poesía daqueles que non tomaban partido, partido ata mancharse, abofé que non pensou en Luis Bará, pois Luis é un home dos que toman partido dos que se manchan ata as profundidades insondables de si mesmo

Read More

A mirada de Conchi

A medida que pasan os anos e os camiños da memoria comezan a ocupar máis espazo na alma cás ilusións polo futuro, tendo a lembrar as luces máis intensas e as sombras máis escuras dos distintos episodios da miña vida. Normalmente este tipo de situacións acontecen, igual que a calquera persoa, impulsadas polo mecanismo psicolóxico da asociación de ideas, que é un recurso da nosa imaxinación que leva á nosa mente ideas semellantes , ou que teñen algún tipo de relación, co que estamos a vivir nun momento concreto. E un episodio lamentable, que coñeciamos polos medios de comunicación nos primeiros días deste ano, trouxo á miña mente un feito vital persoal do que non estou especialmente orgulloso: a mirada de Conchi

Read More

O conflito de IKF A Guarda

Cando nunha parte significativa da sociedade se insire o axioma prototipo da antipolítica ,”todos son iguais”, a esquerda perdeu a batalla. É nese instante cando agroman as bestas reaccionarias do fascismo, sempre súper agresivas cos débiles e pusilánimes e apoucadas cos poderosos. E non, non son todos iguais. Todas as persoas que teñamos un mínimo de conciencia política debemos de combater unha e mil veces esa infamia que non fai outra cousa que posibilitar que nada mude e que siga habendo persoas oprimidas e persoas opresoras

Read More

Carmela González, deputada do BNG

Carmela é unha experimentada activista no asociacionismo veciñal vigués que ven de estrear responsabilidade orgánica, pois nas autonómicas do 2.020 foi elixida deputada nas listas do BNG. Ela é de Saiáns, a parroquia de Vigo que fai fronteira co Concello de Nigrán. E sendo eu da parroquia veciña, de Oia, non podía quedar sen coñecela en profundidade. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa

Read More