Autor: Tino Lago

Bieito Lobeira, secretario de organización do BNG

En breve o BNG afrontará a súa asemblea nacional na que as e os seus militantes decidirán o rumbo político que queren que siga a súa organización. Semella que o BNG está nun momento doce que, con todas as reservas, se pode analizar como algo máis que un fenómeno conxuntural, pois parece que unha parte significativa da sociedade galega está a ver aos nacionalistas como a forza que defende de maneira inequívoca o interese colectivo de Galicia sen ningún outro tipo de hipoteca máis que o ben común do pobo galego e así se está a inserir aos poucos na psique colectiva de moitos galegos e galegas

Read More

Feminismo Si

Un dos máis destacados xogadores do Celta actual está acusado dun presunto delito de agresión sexual por un episodio do ano 2017, e terá que enfrontarse a xuízo oral no mes de marzo do ano próximo na Audiencia de Almería, a provincia onde ocorreron os feitos que van ser xulgados

Read More

Félix Juncal alcalde de Bueu

No ano 2.019 o BNG de Bueu, encabezado por Félix Juncal acadaba a súa cuarta vitoria consecutiva nas eleccións municipais. Porén, desta volta sufriu un importante descenso tanto en votos como en concelleir@s, pois pasou de 12 a 8 perdendo a maioría absoluta

Read More

A Liga de Amigos

Ao longo do percorrido polos camiños da vida non hai nada que me produza maior satisfacción persoal que a posibilidade do coñecemento e da comprensión. E cando un ten a posibilidade de mergullarse ata o máis profundo na sociedade rosaleira é imposible non sentir curiosidade por un fermoso edificio de estética decimonónica que se haxa na praza principal do pobo, a praza do Calvario

Read More

Para que serven as medallas olímpicas?

No momento de escribir este artigo estanse a disputar os xogos olímpicos de Tokio nos que Xapón, o país organizador, investiu a inmensa cantidade de 30.000 millóns de dólares. Esta competición deportiva celebrada cada catro anos debera terse producido o ano pasado pero as circunstancias sanitarias, que afectan a toda a humanidade, obrigaron a que sexan no presente 2.021, malia que se disputan en condicións excepcionais pois as competicións ou ben non teñen público ou ben un aforo moi reducido

Read More