Tomiño rexeita o proxecto eólico da Serra da Groba
A proposta saíu adiante cos votos a favor de BNG e PSOE, que denuncian a opacidade da adxudicación do parque, esixindo a súa paralización […]
A proposta saíu adiante cos votos a favor de BNG e PSOE, que denuncian a opacidade da adxudicación do parque, esixindo a súa paralización […]
Os veciños expresan o seu malestar pola confusión existente cos novos horarios e rutas e a dificultade para acceder á información […]
Ánxela Fernández e Sandra González, alcaldesas do Rosal e Tomiño respectivamente, e Anxo Baz, concelleiro da Guarda, viaxaron a Santiago de Compostela para trasladar ao grupo parlamentar do BNG as demandas sanitarias dos seus respectivos concellos […]
A rede é accesible tamén no Campo da Feira e estará dispoñible proximamente no núcleo urbano de Goián […]
Vén de editarse un catálogo para divulgar a vida e obra das mulleres que poñen nome ás aulas do centro […]
Os interesados deben presentar a solicitude no ORAL no modelo dispoñible na web tui.gal […]
A proposta, realizada pola Fundación Xoán Piñeiro, aprobouse no pleno municipal e procura servir como homenaxe ao se cumpliren 100 anos do nacemento do artista
Tomiño, 13 de novembro de 2020.- O histórico artista Xoán Piñeiro, vencellado a maior parte da súa vida a Goián, terá finalmente unha rúa dedicada como homenaxe ao se cumpriren 100 anos do seu nacemento. A rúa escollida para este recoñecemento é a que conduce ao antigo obradoiro do artista, situado no número 108 do barrio Tollo, en Goián. A iniciativa da Fundación Xoán Piñeiro contou co total respaldo do Concello de Tomiño, que tal e coma vén facendo cos seus artistas, quere valorizar a súa figura e destacar a contribución do artista á cultura galega e á identidade do concello.
A proposta foi levada ao pleno municipal celebrado este xoves, resultando aprobada co apoio unánime de todos os grupos políticos da corporación. O pleno celebrouse a porta pechada co fin de extremar as precaucións. Para manter as distancias axeitadas de separación entre persoas os concelleiros ocuparon a práctica totalidade do salón de plenos.
Xoán Piñeiro naceu en Nerga (Cangas) en 1920, mais pasou boa parte da súa vida en Goián, lugar que escolleu para instalar o seu estudo e onde o propio artista descansa. Formouse en Madrid, de onde volta en 1962 para instalarse primeiro en Vigo, onde comeza a traballar dentro das murallas do Castro. Dous anos despois trasládase definitivamente a Goián montando alí o seu obradoiro.
A pesar de que a pretensión do artista era o aillamento, o obradoiro de Piñeiro converteuse nun punto de encontro para moitos persoeiros vencellados co mundo da cultura, tales como Eliseo Alonso, Xavier Pousa, Antonio Fernández, ou artistas como Picallo, Antúnez ou Silverio Rivas, así como multitude de aprendices que querían coñecer de preto o oficio da escultura.
Piñeiro conseguiu poñer en marcha unha técnica de fundición inexistente ata o momento en Galicia, baseada na fundición en bronce á cera perdida, polo que pode decirse que é a partir dos anos 70 cando comeza a realizar gran parte da súa obra neste material, converténdose nun auténtico referente escultórico neste eido.
En 1991, unha das súas fillas, Cuqui Piñeiro, reconverte o obradoiro do artista nunha empresa de fundición profesional, perpetuando e ampliando e legado e o espíritu do escultor, con obra en tódalas cidades galegas e con encargos en toda a península. […]
Mantéñense as reducións aos perceptores da RISGA ou aos fogares cunha renda familiar inferior ao SMI, entre outros […]
O Concello traballa man a man coas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común do municipio para a posta en marcha do plan, subvencionado ao abeiro do Plan Concellos 2019 da Deputación […]
As posibilidades que ofrece Google Docs o como utilizar a Sede Electrónica do Concello, son outras das propostas da oficina xuvenil municipal […]
Copyright © 2026