A volta ao cole comeza con premios no comercio de Redondela
Os gañadores do Concurso de Banda deseñada leváronse cheques de compra por valor de 100€. […]
Os gañadores do Concurso de Banda deseñada leváronse cheques de compra por valor de 100€. […]
A subvención, de 411.928€, servirá para formar a vinte persoas durante nove meses
O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir a comunicación da concesión dun novo obradoiro dual de emprego para desenvolver entre decembro de 2024 a setembro de 2025. Neste caso serán vinte as persoas que formen parte como alumnado traballador, distribuídos nas especialidades de albanelería e carpintería de madeira.
Durante os meses de funcionamento do obradoiro, ademais de recibir formación teórica, o alumnado traballador levará a cabo tarefas de recuperación e posta en valor dos canastros da Arrotea (A Picoña), os lavadoiros de Fontán (Parderrubias) e da Costa da Prata (Entenza), a Fonte do Rial (A Picoña) e o Pozo da Feira (Santa María). Ademais tamén se levarán a cabo tarefas de recuperación dos valados e paneis das diferentes sendas existentes no municipio.
A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, amosou a súa satisfacción por esta boa nova “que ademais de ser unha excelente oportunidade para vinte persoas, vai supoñer tamén importantes melloras no noso patrimonio”.
O equipo de goberno apostou nesta ocasión pola recuperación e posta en valor de diferentes recursos patrimoniais e naturais do Concello, presentando proxectos que se axustasen ás características do obradoiro e que puidesen ser efectivamente realizados por parte do alumnado traballador, sempre baixo a dirección do persoal docente e técnico pertinente.
O obradoiro que agora se concede botará a andar unha vez rematado o que nestes momentos está vixente no Concello de Salceda, onde outras vinte persoas se están a formar nos campos da albanelería e da carpintería, desenvolvendo diferentes proxectos para a veciñanza de Salceda. […]
*A Confederación Hidrográfica Miño-Sil anuncia a apertura dunexpediente sancionador contra Real Club Celta de Vigo S.A.D. por vertidodirecto de augas residuais no monte comunal de Pereiras en Mos […]
Os pasados 13 e 14 de setembro na parroquia de Cabreira, do concello de Salvaterra, como ven acontecendo desde o ano 2015, puidemos gozar do marabilloso festival ENTREVERBAS. […]
Ante as recentes declaracións do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, nas que insta ao Concello de Pazos de Borbén a asinar o convenio de mellora da estrada EP- 2702 Amoedo […]
O equipo de goberno socialista conseguira na anterior lexislatura a colaboración da Axencia de Turismo (Xunta de Galicia) para mellorar os camiños de acceso ao Castelo de Santa Cruz, e alumear artisticamente e de forma ecoeficiente a muralla. […]
Xoán Carlos González, “acordamos co goberno de Digna Rivas costear este servizo co IBI da Autoestrada”. […]
A CIG denuncia que o Concello incumpre o compromiso de actualizar os salarios e que aprobou un prego de licitación cun prezo insuficiente […]
A CIG denuncia que deste xeito non se garanten os dereitos laborais do cadro de persoal e augura nova conflitividade no servizo Ponteareas, 3 de setembro de 2024 O Concello de Ponteareas sacou adiante onte […]
O voceiro municipal do PP considera “un insulto” aos veciños e provedores que a rexedora alardee de que se acaban de pagar obras e servizos dos anos 2021, 2022e 2023 e tilda de “surrealista” que o califique de tempo récord cando é unha clara neglixencia política […]
Copyright © 2026