Festival Cans
A Louriña

O PSdeG-PSOE exixe que se contemple íntegramente nos orzamentos a partida para o Festival de Cans

O grupo socialista rexistrou unha moción solicitando que se estableza na cantidade de 45.000 € a subvención do Concello do Porriño para o Festival de Cans, así coma que se contemple na súa totalidade na correspondente partida orzamentaria do 2024 […]

Beti Guillarei
Baixo Miño

Para Beti de Guillarei

O pasado mes de decembro leveille persoalmente a derradeira Peneira á nosa amiga Beti de Guillarei. Ela levaba desde abril do 2018 acompañándonos sempre, de maneira ininterrompida […]

Concello de Mondariz Balneario
Condado

Mostra de petiscos

O Concello de Mondariz-Balneario, xunto co sector hostaleiro do concello, acordaron levar a cabo unha iniciativa turística para o desenvolvemento do sector turístico da zona e da marca Mondariz-Balneario mediante a elaboración dunha ruta gastronómica de degustación de petiscos, que se levará a cabo os días 2, 3 e 4 de febreiro do 2024. Debido á realización de diversas actividades culturais e gastronómicas na comarca, o concello de Mondariz-Balneario decidiu sumarse a estas iniciativas propoñendo coma iniciativa unha ruta de petiscos para reactivar a actividade economizadora no concello en tempada baixa. […]

Ernesto Filgueira
Pontevedra

O BNG insiste na necesidade e urxencia de contar con servizos de emerxencia axeitados para atender as demandas da poboación

Ernesto Filgueira: “Insto a Cubela a deixar a súa actitude pasiva e tomar a iniciativa para impulsar un novo parque de bombeiros e uns servizos sanitarios acordes coas necesidades dos veciños e veciñas” […]

Concello de Gondomar
Val Miñor

O PSOE reclámalle a Rueda o cese fulminante do vocal do PP na entidade local menor de Morgadáns, condenado por agresión

David Regades: “O PP ten un problema de violencia no mundo local, aínda está fresca a agresión dun concelleiro do PP en Cangas e agora chega unha sentencia por agredir a un funcionario de Gondomar” […]

O PP de Redondela amosa a súa satisfacción polo arquivo da querela por calumnias interposta por Digna Rivas ao voceiro popular Javier Bas
Redondela

O PP de Redondela amosa a súa satisfacción polo arquivo da querela por calumnias interposta por Digna Rivas ao voceiro popular Javier Bas

O Auto do Xulgado é contundente, decreta o arquivo das actuacións, e ratifica a veracidade das declaracións do voceiro popular nas que afirmaba que a alcaldesa firmou e enviou documentación manipulada para a obtención dunha subvención, e que o fixo, co seu coñecemento e consentimento […]