Samuel Blanco ciclista de Chapela, campión de España da categoría elite
Redondela

Samuel Blanco ciclista de Chapela, campión de España da categoría elite

Samuel é un rapaz de Chapela, iso si fillo de redondelán, que acaba de acadar o campionato de España da categoría elite de ciclismo. Esta é unha categoría antesala do ciclismo profesional, o último chanzo ata competir contra as máximas figuras do pelotón internacional. A vitoria de Samuel é enormemente meritoria, pois o campionato supón unha carreira que se disputa xunto cos mellores ciclistas de España ao mesmo tempo. Computando o concurso dos profesionais, Samuel, obtivo un magnífico noveno posto absoluto. Talento de Chapela en estado puro, é Samuel. Teño a convicción de que pronto o veremos nas escarpadas costas dos Alpes franceses ao carón da elite do ciclismo mundial […]

Guadi Galego Redondela A Nova Peneira
Redondela

Guadi Galego presenta o seu traballo” Immersion” en Redondela

Guadalupe Cribeiro, que se apelida como un dos meus poetas preferidos, de nome Xosé Alexandre, coñecida no universo artístico como GUADI GALEGO, é unha extraordinaria música do noso país. Ela é natural da segunda Cedeira máis bonita do mundo. Unha localidade de enorme beleza da comarca de Ferrolterra, que porén non pode competir coa nosa Cedeira de Redondela […]

María Figueroa Fútbol femenino Concello de Redondela A Nova Peneira
Redondela

A redondelá María Figueroa achégase a elite do fútbol feminino

María é unha moza de Redondela, que acaba de ser fichada polo DEPOR, equipo que milita na máxima categoría do fútbol feminino, en principio para reforzar ao seu equipo B. María é unha moza moi nova, aínda non cumpriu u os 18, posúe un gran talento para a práctica deste deporte e todas as portas se abren para que consiga o seu sono de gozar do que máis lle gusta, xogar ao fútbol, coas mellores xogadoras de España. Nós conversamos con ela […]

Paciencia Paradise A Nova Peneira
Redondela

Paciencia Paradise

Malia que eu son de Redondela e é evidente que sinto unha vinculación afectiva moi intensa coa vila que veu nacer a todos os meus devanceiros, creo que calquera observador imparcial pode percibir que o noso concello é un inmenso océano policromático de expresións […]

Xool Schwarz López A Nova Peneira
Redondela

Xoel Schwarz López

Xoel é un mozo de Redondela, excelente músico, de pouco máis de 30 anos de idade que en febreiro deste ano foi elixido patrón maior da confraría de pescadores de Redondela, substituíndo a Clemente Bastos. Asume o cargo nun contexto económico moi complicado facendo da xestión económica un dos eixos do seu traballo […]

Olga Nogueira Concello de Redondela A Nova Peneira
Redondela

Olga Nogueira. Escritora e activista cultural de Ventosela

Eu non coñecía a existencia de Olga, ata que un día de pura casualidade caeu nas miñas este fermoso poema, “Bagoas de Serea”, da súa autoría. E, claro, decidín que non podía quedar sen coñecer a alguén cunha sensibilidade tan elevada como para producir algo tan bonito. Case un ano despois de telo lido por vez primeira, por fin xurdiu a oportunidade de tomarmos un café e conversar […]