
Coa testa ergueita
O caciquismo é froito da ignorancia allea, desa miseria que se envolve na servil condición de non contradicir, de non ofender, de non plantar cara, de non discrepar para poñer en claro, de non esixir limpeza […]
O caciquismo é froito da ignorancia allea, desa miseria que se envolve na servil condición de non contradicir, de non ofender, de non plantar cara, de non discrepar para poñer en claro, de non esixir limpeza […]
Ecoloxistas en Acción denuncia ante o Concello de Mos e a APLU o aparente exceso de edificación das obras da Cidade Deportiva do Celta nos montes comunais de Pereiras. Ademais demandan á APLU que adopte as medidas oportunas para a defensa do interese público, tanto na vía administrativa como, se se estima procedente, denunciando os feitos ante as autoridades competentes -en caso de apreciar algún ilícito penal […]
A asemblea da Comunidade de Montes da luz verde ao proxecto de instalación de paneis fotovoltaicos e constituirse en Comunidade Enerxética local. A primeira fase a acometer de forma inmediata é acometer unha instalación fotovoltaica de 25kw para autoconsumo no seu Centro social As Pedriñas […]
As redes sociais do concello enchéronse estes días de imaxes de Nidia Arévalo visitando aos matrimonios que celebran as súas vodas de ouro […]
Os pasados 25 e 26, na parroquia de Cabreira, no concello de Salvaterra, celebrouse a VI edición deste festival de poesía. A existencia, e persistencia no tempo, deste tipo de eventos que pretenden a difusión cultural e defenden o uso das verbas como imprescindible instrumento en calquera interacción humana é unha magnífica nova […]
Rubén é o voceiro da marea de Vigo e secretario de organización de Esquerda Unida. Achegámonos ata o concello da cidade olívica a conversar con el, e coñecer a súa valoración da situación política actual […]
Neste concello produciuse, o pasado mes de agosto, un cambio de alcalde en circunstancias verdadeiramente estrañas. Nos últimos 9 anos semellaba unha localidade cuxa situación política era moi previsible, alcaldía para o PSOE do alcalde Poceiro, e a tenencia de alcaldía para os nacionalistas da brillante Ornela Fernández. A placidez e a atonía política eran a tónica en Vilaboa e non se agardaba ningún tipo de sorpresa que supuxera un cambio. Porén todo mudou tras a dimisión de Poceiro […]
Desde hai dúas décadas, cada ano, cando agroman as flores de abril a sociedade redondelá agarda ilusionada a unha nova edición do seu festival de títeres que adoita celebrarse nos meses de maio ou xuño. Desta volta a situación sanitaria fixo imposible que se desenvolvese nas datas habituais. Porén o entusiasmo, o interese e a vontade inquebrantable dos seus organizadores logrou que a súa maxia seguira asolagando de ilusión aos corazóns da veciñanza de Redondela, e neste mes de setembro, nun formato máis reducido, puidemos gozar dunha nova edición do festival […]
A Subdelegada resalta o labor realizada polos corpos e forzas de seguridade durante o Estado de Alarma e especialmente a intervención do exército nos centros de maiores onde, recoñece, enfrontáronse a unha grave problemática de infeccións
Di que “o PSOE é un partido republicano, está na súa historia e nos seus estatutos pero é un partido de goberno e a xefatura de Estado non é o debate prioritario para a cidadanía neste momento” […]
Copyright © 2023