Etiqueta: Milana Bonita

Claro que nos importa Yaiza

Claro que nos importa Yaiza, a nena asasinada pola súa nai en Sant Joan Despí a finais de maio. E Amiel e Ixchel, vítimas de Gabriel e María, a parella de Godella. E Leire, asasinada a principios de ano en Zaragoza. E Mohamed. E o bebé que agardaba a súa nai, Warda, cando o proxenitor levounos por diante os tres

Read More

Comunismo ou DGT

Vivir nunha organización social, chamémoslle democracia, é como circular pola rede de estradas. Hai quen defende que as direccións prohibidas coartan a súa liberdade e salta as liñas continuas ao crer que o seu desexo de chegar cinco minutos antes está por riba da seguridade de quen se cruza no camiño.

Read More

Esa canción de Silvio

O movemento feminista e o movemento memorialístico galegos volveron amosar neste marzo a súa capacidade para repoñerse das adversidades, e debería encherse o ceo de foguetes para indicar que xa van alá un cento de veces. Perseguen fins tan indiscutíbeis en democracia como a consecución da igualdade real entre homes e mulleres e o recoñecemento das persoas que foron asasinadas, vexadas ou extorsionadas dalgún modo pola súa loita contra o franquismo e polo tanto, en prol desa democracia

Read More

Calendario de vacilación

Vacilar. Amosarse indecisa. Mentres o mundo anda a voltas co calendario de vacinacións, no meu almanaque vital é tempo de vacilacións. Dubido en que tema escoller para esta opinión. Estaría ben falar de youtubers que marchan a Andorra para non colaborar cos seus impostos no mantemento do Estado de benestar

Read More

O capital humano

Non sei a vostedes mais a min a crise do COVID 19 deixoume moitas dúbidas e unha única certeza: só o pobo salva o pobo. Na situación máis dramática que viviu o país nesta democracia houbo un único capital que veu salvarnos: o humano

Read More
Loading