Emiliano Lage, alcalde de Fornelos de Montes

Emiliano Lage Alcalde de Fornelos de Montes
Emiliano é o alcalde de Fornelos de Montes polo partido socialista, que elección tras elección acada amplísimas maiorías neste fermoso concello como aval da súa xestión. Achegámonos ata Fornelos a conversar con Emiliano, que nos contou as súas ilusións por revalidar a alcaldía e os seus proxectos inmediatos para o seu pobo.

“ Temos conversas moi avanzadas para que no próximo mandato fornelos poida dispor dun xeriátrico. ”

Emiliano, valora os resultados das eleccións estatais de abril no concello de Fornelos.?

Ben, unha vez máis gañou o PSOE aquí no noso municipio e gañamos coa porcentaxe máis alta de votos da provincia de Pontevedra, un 43% dos votos, estou moi satisfeito.

Algo estaredes facendo ben ?

Creo que si, que o pobo está moi contento con nós, espero volver repetir os resultados nas municipais, incluso melloralos.

Crees que estes resultados nas eleccións estatais indican tendencia cara as municipais de maio?

O PSOE obtivo uns resultados excelentes en toda a provincia, gañamos en case todos os municipios, e malia que son eleccións diferentes considero que si poden marcar tendencia .Creo que en Fornelos imos manter a alcaldía.

Como estás ti de ánimos e con que ilusión e expectativas te presentas a estas eleccións municipais?

Con moita ilusión, se non a tivera non me presentaría. En política como en calquera traballo se estás amargado, desmotivado ou baixo de ánimos non vai ben a cousa. Teño toda a ilusión do mundo e quero seguir catro anos máis como alcalde de Fornelos.

Fálanos das persoas que te acompañan na candidatura?

A lista e máis ou menos igual á de hai catro anos, somos compañeiros que levamos bastante tempo gobernando, ningún ten dedicación exclusiva ao Concello, todos temos o noso traballo e dedicamos a este Concello todo o noso esforzo.

Entón ningún ten pensado de facer da política a súa forma de vida?

Non, nos fai falta, os feitos están aí e pódense comprobar.

Para ti o cambio de Louzán na Deputación de Pontevedra ao bipartito PSOE-BNG foi cambiar da auga ao viño?

Desde logo, foi un xiro de 180 grados. Agora a Deputación está investindo bastante diñeiro no Concello, calculo cuns 6.000.000 de €. Antes o Concello estaba discriminado co anterior equipo de goberno da Deputación. Creo que agora a repartición é equitativa e cada Concello recibe o que lle pertence por lei.

Temos algunhas obras pendentes de executar , a Organización do Foro Deportivo con pista de pádel e pista de futbito, arranxala piscina. En canto á área deportiva xa temos o proxecto presentado, do pavillón hai que arranxar o tellado porque no inverno hai humidades.

A verdade a área deportiva de Fornelos é espectacular.

A zona deportiva de Fornelos de Montes conta coa piscina principal, o pavillón de deportes, o ximnasio, a pista de pádel e a de fútbol cinco con toda a humanización do entorno, podo presumir da mellor zona deportiva da Comarca.

Supoño que estarás orgulloso de ter concretado a túa promesa electoral dun Tanatorio para Fornelos?

Si, claro. Foi a única promesa electoral que fixen no mandato anterior e púidose concretar en gran medida grazas á xenerosidade da familia Blanco, da funeraria Blanco de Fornelos

Cal é a túa valoración global destes últimos catro anos de goberno local?

Moi positiva. Fixemos un gran esforzo en atender as principais necesidades da veciñanza e en dotar a Fornelos de mellores infraestruturas e servizos. Así por exemplo quixera destacar a remodelación da Praza de Fornelos, a rúa do colexio que vai ensancharse e humanizarse, o Centro Médico cunha aportación de 30.000€ para as obras, a ampliación do Concello e o ascensor, e moitos camiños e estradas que se fixeron.

Algunha actuación destacada para o próximo mandato?

Podo dicir que temos conversas moi avanzadas para dotar a Fornelos dun xeriátrico. Tamén hai que seguir investindo no Colexio Público, hai uns 6 ou 7 meses conseguimos que as casa dos antigos mestres volveran ao Concello, agora xa son nosas. E haberá que decidir cos veciños que se fai, se unha biblioteca ou algunha outra cousa que sexa de utilidade para a veciñanza

A primeira vez que falamos ti e máis eu Emiliano, hai cinco ou seis anos, nun contexto dunha crise tremenda, os niveis de pobreza en España aumentaban significativamente, ti sempre me dicías que o esencial para o teu goberno era atender as necesidades básicas das persoas que máis o necesitan. Como levades este tema neste mandato?

Duplicamos o presuposto en benestar social pero aínda así non chega, nos próximos catro anos haberá que facer un esforzo aínda maior. E un imperativo moral axudar á xente que o está a pasar moi mal. Eu persoalmente e todo o meu goberno estamos absolutamente comprometidos coa política de acción social

Para rematar, supoño que as expectativas coas que te presentas ere validar a maioría absoluta, non?

Por suposto, estou convencido de que imos revalidar a maioría absoluta, pero hai que ser humildes, loitar e traballar. Espero que nos volvan dar a maioría á nosa corporación e ao noso traballo que creo que nolo merecemos.