Bio Terapias Eva Varela en Puxeiros, Mos

Eva Varela Bioterapia A Nova Peneira
Tino Lago

SE CHORAS PORQUE NON PODES VER O SOL, AS BÁGOAS NON CHE DEIXARÁN VER AS ESTRELAS”

Rabindranath Tagore

A mensaxe que transmite este fermoso pensamento do gran poeta hindú, é a filosofía que inspira este negocio situado no alto de Puxeiros, a carón da oficina de correos. BIO TERAPIAS EVA VARELA é un centro de masaxes e terapias alternativas que aborda desde unha perspectiva integral, tanto paliativa como preventiva, a mellora da nosa saúde física e mental, a procura dun estado de equilibro harmónico entre o noso corpo e a nosa mente, en definitiva unha forma de facernos a vida máis cómoda e feliz. Foi un pracer conversar con Eva, unha muller intelixente e sensible que ten moito que dicir. Velaí vai o que deu de si a nosa charla

Queremos coñecerte un pouco mellor Eva, de onde es ti?

Eu son de Mos, e con excepción de catro anos que vivín en Atios , toda a miña vida residín no meu pobo e a verdade síntome moi identificada con el.

Sen embargo, eu creo que no teu concello hai pouca conciencia de pobo. Explícome: se lle preguntamos a alguén de Cela, de onde é, dirá, con seguridade, que é de Cela, se facemos o mesmo con alguén de Torroso dirá que é de Torroso e se rematamos a enquisa cunha persoa de Tameiga, contestará que é de Tameiga, non te parece que Mos ten o problema de que a conciencia colectiva de identidade común, é escasa?

Si, seguramente tes razón, pero a min iso non me pasa porque eu son de Mos, Mos, polo tanto a identificación emocional co meu pobo é moi elevada e a conciencia da miña identidade téñoa absolutamente clara.

Ben, e no aspecto profesional tamén te queremos coñecer, como chegaches ata aquí?

Como a maioría dos camiños que tomamos na vida foi a casualidade o motor que impulsou esta marabillosa aventura. Eu non tiña nada que ver con este sector, traballei bastantes anos no sector do comercio téxtil exercendo funcións de coordinación.

Gustábache?

Si, moito, pero chegou un momento no que a crise afectou moitísimo ao sector e tomei a decisión de marcharme, estamos falando do ano 2.014,e naquel momento xurdiu a ocasión de montar, neste mesmo local unha clínica de fisioterapia. Aquí estabamos dúas persoas, unha que se ocupaba da práctica da fisioterapia propiamente dita e eu que realizaba funcións de tipo administrativo.

En 2.017 décheslle un xiro importante ao negocio verdade?

Si, no mes de xullo deste ano pecho, e doulle un cambio importante tanto de imaxe como conceptual. Volvín abrir en setembro dese ano tamén como fisioterapia, pero só fixemos fisioterapia ata decembro.

Na actualidade o que ofrecedes son servizos máis amplos e diversos, verdade?

Efectivamente, agora non facemos fisioterapia. Agora traballamos dúas persoas, eu mesma e a miña compañeira Rebeca que é quiromasaxista, osteópata e tamén practica a reflexoloxía acupuntura e terapias alternativas naturais, todo isto foi un cambio moi importante.

A mellor?

Estamos no proceso para que sexa así, a miña ilusión é que sexa así, os meu sono é que sexa así e estou segura de que co traballo de Rebeca o meu, e o cariño e confianza que nos dan os nosos clientes e amigos vai ser así con certeza.

As terapias que desenvolvedes son para tratar lesións ou molestias corporais, pero só facedes terapia paliativa, ou tamén traballades a prevención?

Tamén facemos terapia preventiva. Se non coidas o corpo máis cedo que tarde acabarás pagando as consecuencias. Polo contrario se realizas terapia preventiva de maneira máis ou menos regular tes moitas posibilidades de atenuar, incluso de evitar molestos problemas futuros inherentes ao paso do tempo, de feito eu convido aos lectores e lectoras a que nos dean a oportunidade de distinguirnos coa súa confianza. Teño a certeza de que pronto notarán as consecuencias en positivo na súa calidade de vida.

Cales son os hábitos de vida que debemos evitar para protexernos e previr molestias no futuro?

Bufff, este é un campo moi extenso .Debemos mellorar os nosos hábitos físicos; sedentarismo, malas posturas, mala alimentación, pero tamén os emocionais, o estres e os desequilibrios emocionais poden ser tan perniciosos para a nada saúde física como as malas prácticas físicas.

En serio, Eva?

Absolutamente Tino

Vamos ver Eva, eu aparentemente estou ben de saúde, non teño nin lesións nin molestias, pero confésoche que vivo a toda pastilla; sempre estou estresado, fago centos de kmts de estrada á semana e non teño nada de tempo para min, cres que preciso un tratamento preventivo?

Eu creo que precisas axuda para equilibrarte mellor si. Hai unha vinculación importantísima entre a nosa parte emocional e a nosa parte física, e se a primeira non está ben, ten a plena certeza Tino, que a segunda se acabará vendo afectada sen ningún xénero de dúbida. A prevención é a mellor maneira de que non teñas problemas serios no futuro.

Vaia, pois prométoche que cando teña algo de tempo me poño nas vosas mans

Ha ha ha ha, cando queiras, aquí estamos Tino, pero vouche dar, se me permites, un pequeno consello; procura facerche algo de tempo para ti, é o único que temos na vida.

Tomo nota, Eva, sempre tiven o costume de facerlle caso a quen sabe máis ca min. Mira outra cousa, de todos os servizos que ofreces chámame a atención supoño que polo exótico o da masaxe hawaiana; en que consiste?

É unha masaxe física de hora e media de duración que trata de equilibrar o corpo e a alma.

Miña nai, hora e media

Si, 90 minutos todos para ti, na procura da harmonía interior e o equilibrio entre o corpo e a alma, trabállase todo o corpo, desde a cabeza ata os pes, e paga a pena Tino, especialmente para as persoas que están sometidos a doses notables de estres consegue resultados mi positivos

O aspecto económico é importante?

Abofé que si, e por iso as nosas terapias están ao alcance de todos os petos

Cando alguén acode a recibir unha masaxe quen soe ser máis cohibido os homes ou as mulleres?

Aos homes, en liñas xerais, cóstavos máis abrirvos

Se alguén desexa contactar con vós, como ten que facer?

Polas nosas redes socias facebook, instagran pola nosa web, polo noso correo ,chamando por tfn ou visitándonos fisicamente: www.bioterapiasevavarela.es, bioterapias evavarela@gmail.com , 986 488 839, 661 935 552

É necesario reservar ?

É recomendable.

A tipoloxía xeral de clientes que tes, cal é?

Hai de todo tipo, pero priman os de mediana idade.

Nada máis Eva, moitas grazas pola túa atención e aquí tes as nosas páxinas para dicir o que queiras, se queres aos tes clientes

Si, claro que quero, e o que desexo e expresar as grazas e a consideración máis inmensa, inmensa como o máis inmenso dos océanos, a todos os meus clientes e amigos pola súa confianza e compañía, asemade quero comprometerme a pór sempre o mellor de min mesma para que a nosa casa, o noso centro de terapias, sexa tamén a súa .Tamén quixera dirixirme aos que aínda non nos coñecen, para, con toda a humildade da que son capaz de expresarme pedirlles que nos dean a oportunidade de coñecernos, de como di o noso lema, que SE PERMITAN SENTIR E ESCOITAR O SEU CORPO asegúroche Tino, que van saír agradablemente sorprendidos.

Moitas grazas Eva.