Aurelio Krook(Lito) Presedente da SAR

Lito Presidente da SAR A Nova Peneira
Marcos Santos

A SAR é unha das entidades xa inserida na pique colectiva da sociedade de Redondela como consubstancial ao noso pobo, e A Nova Peneira non podía deixar de falta con Lito, o seu presidente, un home quer leva toda a súa vida vinculado ao balonmán e que dirixe o club cunha filosofía moi clara baseada na potenciación do traballo da canteira con mozas e mozos de Redondela.

OS OBXECTIVOS TÉOMOLOS MOI CLAROS:MANTER O EQUIPO FEMININO, ASCENDER AO EQUIPO MACULINO E CONTINUAR COA NOSA FIRME APOSTA POLA CANTEIRA CON MOZAS E MOZOS DE REDONDELA”

Ti vives o balonmán con moita paixón?

O balonmán é a miña vida, levo toda a vida nel dedicándolle unha inmensidade de horas Do meu tempo persoal

Como se che deu por coller a directiva?

Foi cando comezou o meu fillo a xogar. Agora mesmo hai un grupiño xeitoso, con mulleres como Rita ou Uxía, que funciona de marabilla

Cando se fundou A SAR?

En 1.963, e como sabes comezou sendo un equipo de atletismo. Cando naceu, fíxoo como un proxecto de acción social, organizou torneos de xadrez, hockei, ciclismo, tiro con arco…

E a sección de balonmán cano naceu?

En 1.964

No momento do seu nacemento, xorde como unha sociedade deportiva, pero tamén cultural, por que non retomades a organización de actividades culturais?

É algo que temos pendente, e abofé que sería moi interesante

Javier Cardero tivo moito que ver no voso nacemento, verdade?

É tanto, para min é a alma da SAR. Desde que nós collemos o equipo no 2.005, só podo dicir que se a SAR segue a existir é grazas a el.

Como sabes, eu teño unha vinculación emocional importante coa SAR e cústame ser obxectivo, pero quero comentar algo que me atinxe especialmente, se por algo destaca o equipo , creo, é pola extraordinaria xeración de porteiros que saíron de aquí…

Si, que dicir de Xermán Muiños, Iñaki un xuvenil que chegou ase convocado pola selección española, Dani, que estivo no Teucro.A verdade da Sar saíron enormes porteiros

Cantas licencias ten a SAR?

Actualmente 270

En senior tedes 4 equipos, dous masculinos e dous femininos, por que facedes os segundos equipos?

Queremos investir aí, malia que recoñezo que ten moito custe, para darlle saída a todas e todos os que xoguen en xuvenís

Porén, semella que non corren bos tempos deportivos?

Ben, o feminino está en prata, non estamos mal, estamos estupendamente

Si, pero no masculino?

Eu creo que o noso posto é a primeira nacional. Chegar, a prata é moi difícil de aguantar economicamente, en masculino. Temos que conseguir meter ao masculino en primeira nacional, iso é o noso obxectivo e ímolo conseguir

Este ano?

Eu agardo que si

Pero chegáronvos a ofrecer a praza en primeira nacional?

Si, pero o noso obxectivo é formar xogadores da casa, somos un equipo que pretende educar en valores, non somos unha empresa que procure facer negocio. Nós conseguimos os nosos obxectivos ou non, nas canchas de xogo

O concello trata ao balonmán con xustiza, ou dálle prioridade ao fútbol?

Nós somos os que máis levamos, pero ten a súa razón de ser, temos moitos equipos e moitas licencias de rapaces e rapazas que son de Redondela, pero se nos comparamos con outros concellos da contorna a cantidade que achega Redondela ao deporte é moi escasa. Creo que o Concello de Redondela non lle dá ao deporte o valor que debera darlle.

Co cambio de administración, notaches algunha diferencia na vosa relación co Concello?

Non, de momento non mudou nada

Vós preferides xogar na “Bombonera” ca no pavillón novo, non?

Si, só lle pedimos ao concello que nos mellore a cancha e a poña de madeira, queremos concentrar os 20 equipos nun só pavillón

A sociedade redondelá está suficientemente identificada coa SAR?

Eu creo que nos falta ese punto de marea verde, esa implicación emocional superlativa que produce que a xente vibre no pavillón cos éxitos do equipo. Algo semellante ao que se observa en Cangas , cando xoga o Frigoríficos o Gatañal semella unha pota a presión

O de Cangas e o do Rosal é impresionante

Abofé que si, a min danme envexa sa

Esa paixón pola SAR, que no seu día si existiu en Redondela, pódese recuperar?

Débese recuperar, non é doado, pero xa temos falado na directiva que debemos buscar as fórmulas necesarias para recuperalo. Se outras localidades máis pequenas ca Redondela poden facelo, nós debemos facelo tamén. Eu creo que boa parte da sociedade de Redondela ou pasou ou ten algún familiar que pasou pola SAR, penso que damos moito ao noso pobo e apelo a que se impliquen máis para arroupar ao noso equipo

Antes xa falamos un pouco dos obxectivos deportivos, imos falar agora máis en concreto de cales son para os equipos maiores, tanto o feminino como o masculino?

Agora mesmo, o equipo feminino é o máis importante do club. Tivemos problemas ao principio con varias xogadoras que se marcharon, na primeira volta rozamos os postos de descanso, pero agora demos un gran paso para consolidarnos cunha racha de 5 vitorias consecutivas, penso que nos salvaremos con folgura. Xente como Lobera, Pablo ou Chini fan un traballo extraordinario. E no caso do equipo masculino, como comentei antes o noso obxectivo é o ascenso. E desde logo seguirmo traballando a base, que a base de xogadoras e xogadores da SAR sexa Redondela é esencial para nós

Cal é o voso presuposto?

Pasa dos 100.000€

Caramba, non debe ser nada fácil?

Pois non, a verdade é que xerar eses cartos, cada ano, todos e cada un dos anos é moi complicado. Só o equipo de prata custa 40.000€ e as xogadoras non cobran. Quero aproveitar a oportunidade que me das Marcos, para agradecer aos nosos grandes patrocinadores PLASTIC OMNIUM, RODA VIGO,CENTRO MÉDICO CESANTES,LEDISSON,GOYCAR a súa xenerosidade, e os pequenos e os que poñen vallas tamén son importantísimos para nós.

As relacións co resto de equipos de Redondela é boa?

Si, moi boa