Fagamos un pouco de historia.
Desde que no ano 1919 Afganistán se independiza a casta dos mullah ten o dominio da superficie agrícola do país. Durante décadas a cidadanía do común afgana padece un atraso económico e cultural profundo ata que no ano 78 o Partido Democrático Popular afgano, de corte marxista e axudado polo exército toma o poder.
Neste mesmo intre dá inicio a primavera afgana, cunha profunda modernización do país nos diferentes eidos:
A) Eido económico: os campesiños pasan a tomar o control das terras, establécese un salario mínimo…
B) Eido democrático e das liberdades: aprobación da Constitución, separación igrexa – estado, legalización dos sindicatos…
C) Eido educativo: creación dunha rede de escolas primarias, secundarias e universidades.
D) Eido da igualdade: a muller accede a todos os niveis educativos, prohibición do burka, supresión da dote…
Dada toda esta política comeza a REACCIÓN. As organizacións ultrarrelixiosas xunto cos grandes poderes económicos e cos EEUU financiando a contrarrevolución, comezan a atentar contra membros do goberno e persoas significadas co proceso revolucionario e coa primavera afgana.
É neste contexto no que a URSS e só tras ser solicitado o auxilio por parte do goberno afgano, envía tropas a combater a contrarrevolución que formaban os fundamentalistas relixiosos, ocasión que o imperio americano non deixa escapar para financiar a cara descuberta a estes grupos. Evidentemente a URSS, ao entrar na súa crise interna, tivo que abandonar Afganistán ata que en 1992 e cos EEUU de financiador e promotor, o presidente Najibullah é asasinado e o islamismo accede ao poder para trazar sobre o ceo afgano unha longa noite na que volveu o burka, o lapidamento e o encerro das mulleres nas súas casas.
Automáticamente Al Qaeda (que era o grupo da REACCIÓN financiado polos EEUU) súmase ao mundo talibán e participa en conflitos occidentais como por exemplo as guerras de Yugoslavia.
E de súpeto a EEUU vaiselle o seu puto xoguete das mans. Concretamente desde o ano 1993.
O resto da historia xa a sabedes ( 11-S, os tenores das Azores, a invasión de Irak, o 11 M, o 7 X…)