Cantos anos levas no Concello , Lano?
Pois xa van 18. Entrei no 2.003 na candidatura do BNG e estiven representando a esa formación política ata o 2.015.Nese ano encabecei a candidatura de Son de Tui e no 2.019 a de En Marea
En Marea xa non existe?
Non, por desgraza xa non. Nós mantemos o nome pois con eses nome fomos elixidos.
Como membro do goberno de Tui é o teu segundo mandato verdade?
Si, estiven desde o 2017 ata outubro do ano 2.017 cando nos fixeron a moción de censura que supuxo que a dereita tudense quedara practicamente desfeita e reducida á mínima expresión. E logo desde as eleccións do 2.019 ata agora formo parte do goberno que encabeza Enrique Cabaleiro
Tui sempre foi un feudo cun voto moi maioritario de dereitas. A situación aritmética da corporación actual con 11 concelleir@s de esquerdas e 6 de dereitas sería inimaxinable hai uns anos. Este profundo cambio sociolóxico na sociedade tudense veu para quedarse?
Eu creo que a explicación á situación actual hai que buscala en que o goberno que iniciamos no 2.015 deixou moi bo sabor de boca na cidadanía tudense e a moción de censura posterior foi moi duramente castigada, nas eleccións do 19, por innecesaria, inoportuna e inadecuada
E esta situación actual veu para quedarse?
Eu agardo que si, claro. Pero todo dependerá da percepción maioritaria da sociedade tudense
Cal é a percepción maioritaria que observas ti na sociedade de Tui?
Ben eu creo que a poboación das parroquias ten unha percepción moi boa da nosa acción de goberno. Considero que as necesidades do rural tudense están relativamente ben atendidas. Pero outra cousa é o casco urbano
Que pasa no casco urbano?
Alí hai de todo claro, fixéronse cousas moi boas que eu confío sexan adecuadamente valoradas, pero temos dous problemas creo eu , que son o tráfico e a policía local
No asunto da policía estamos tendo moitas problemas e queixas referentes a un exceso de sancións e ao mantemento de actitudes non adecuadas.E no que se refire ao tráfico na rotonda da rúa Ourense ás veces fórmanse retencións importantes que ocasionan queixas e molestias.
Entón o resultado da apertura da rúa Ourense non foi o esperado?
Non. A explicación é que só se puido pór , de momento, en práctica unha parte do plan de tráfico deseñado a raíz da apertura da rúa. Agardo que pronto se poida pór a funcionar na súa integridade porque axilizaría moito a entrada e saída de Tui e aliviariamos moito os problemas de tráfico que hai aí
Falemos do aparcadoiro soterrado. Cal é a túa posición ao respecto?
Eu como concelleiro de turismo defendo que os turistas teñen que ter facilidade para aparcar. E debe de ser necesariamente un aparcadoiro soterrado, non hai outra posibilidade
Pero Tui, agora mesmo ten bastantes prazas para aparcar en superficie na contorna de onde se pretende construír o aparcadoiro. Por que non hai outra posibilidade?
Xa pero moitas desas prazas están en fincas privadas. Non podemos apostar por ese modelo de “leira parkings” porque nalgún momento esas fincas van ser urbanizadas entón teriamos un problema
Cal é agora mesmo o estado da situación?
Ben, o concello licitouno e deulle o proxecto a unha empresa que presentou mal o proxecto. Entón o que pensamos e facelo todo nós con fondos propios e logo licitaremos o que é a explotación
E digo eu , xa postos a aplicar políticas de esquerdas porque non chegamos ata o final e alén de construílo tamén o explota o concello?
Iso suporía un traballo moi complexo
Sigamos co aparcadoiro. Se agora temos unha serie de prazas en superficie e de balde, e unha vez construído o soterrado, que vai explotar unha empresa privada, imos ter menos prazas e de pago non resulta fácil de comprender onde está o suposto beneficio?
Un turista que chega a Tui e ve un sinal de parking , chega e mete o coche evita a molestia de estar dando voltas para atopar sitio. Por outra parte o que mencionas da diminución de prazas non é así. Esa é a posición que defende o BNG actualmente, no pasado defendeu outras. No espazo onde se estaciona actualmente caben no mellor dos casos 150 coches e no soterrado van haber 289 prazas, non se perden prazas, senón todo o contrario
Pero o BNG fala dun número de prazas, en superficie, moi superior ás 150 que mencionas?
É que o BNG fala de todas as rúas, pero é que no resto das rúas esas prazas non van desaparecer senón que imos pór zona azul gratuíta
Ilimitada?
Non, de hora e media. Agora mesmo a xente que ten varios coches déixaos permanentemente na rúa
A solución que formula o Bloque dun aparcamento en Cam Fram como a ves?
Inviable. Ti dime a min que unha persoa que veña ao casco a facer unha xestión vaia ter que vir andando desde alí¡¡¡
Pois tampouco está tan lonxe
Non, esa non é a solución. A única posibilidade é a do aparcadoiro soterrado
Cales son áreas que levas Lano?
Patrimonio, Turismo e novas tecnoloxías
Faime unha síntese do teu traballo nestes dous anos?
En turismo conseguimos a apertura permanente da oficina de turismo algo que me fixo sentir enormemente orgulloso. Por outra parte abrimos o museo diocesano, tivemos aberto o cárcere vello cunha exposición de traxes e de tapices, editamos folletos para as visitas polo casco vello de Tui,fixemos unha guía do camiño de Santiago destacando as singularidades do noso patrimonio
Falando de turismo, que pasou en Silleda que os de CXII criticáronche con dureza?
Montamos o stand, levamos o material e o único que puxo o concello de Tui foi o coche que levei eu. Todo o meu traballo alí foi de balde e a costa de perder o meu tempo persoal de estar coa miña familia. Alguén tirou unha foto ao stand xusto no momento que a azafata foi xantar. E a partir de aí viñeron as críticas, inxustas, inmerecidas e fóra de lugar.
Pasaron máis de 1.000 persoas polo stand nunha feira na que só había 4 concellos da provincia
Non sei pero teño a sensación de que entre CXXI e ti moito feeling non hai.?
Eu o que lles digo a eles é que se despeguen de Padín, porque o seu legado é unha lousa
Tui está na rede de xuderías grazas ao traballo do alcalde Padín?
Iso é do que presume el. Pero de ningunha maneira, o traballo xa ven de moito tempo atrás
En Patrimonio que fixemos Lano?
Conseguimos a aprobación especial do conxunto histórico, comezamos a emitir ordes de execución a propietarios de inmobles en estado ruinoso ou semi ruinoso para que solucionen a situación. Metémonos no plan rexurbe destinado a rehabilitar vivendas para polas en alugueiro. Entramos tamén na área rexurbe( é diferente ao plan) que ten por obxecto promover un avance substancial de todo o conxunto histórico
Como son as túas relacións cos teus socios do PSdeG de Tui?
As relacións persoais son moi boas, as políticas son boas tamén pero temos un tema en concreto no que discrepamos que é a ordenanza das taxas do lixo
Por que?
As taxas do lixo de Tui son elevadísimas, anormalmente caras. Un establecemento comercial de Tui que pase dos 250 mts paga 7 veces máis que un negocio similar en concellos limítrofes. Modificar esas taxas abusivas é unha das condicións do noso pacto de goberno do 2.019 e debe facerse o máis rápido que se poida.
Rematamos Lano, o teu futuro político?
Xa teño decidido non volver a encabezar ningunha candidatura
Iso supón o teu adeus á política?
Non o sei. Se alguén considera que podo ser útil e quere que vaia na súa lista sería cuestión de estudalo. Tamén che digo con claridade que nunca sería na lista do BNG
Entón só nos queda o PSOE porque en CXXI non che miro…?