Por aquí non pasa a Volta

Artigo de opinión A Nova Peneira
Gustavo Barcia

O día 4 de setembro a Volta Ciclista a España tivo o seu remate no concello de Mos, algo que o goberno do PP encargouse moi moito de que todo o mundo o soubera e vendendo o evento como como se foxe o chegada a lúa en 1969.

O goberno na súa obsesión pola propaganda colocou pancartas e bandeirolas polos lugares onde pasaría a volta ciclista, en total 44 pancartas e 62 bandeirolas para que ninguén se despistase do evento. Ademais diso o goberno municipal mobilizou a ducias de empregados públicos para limpar e poñer bonito o percorrido da volta, a Xunta tamén se sumou a este lavado de cara poñendo 100.000€ para asfaltar 1.100 metros do tramo final da etapa no alto de Herbille, un tramo onde non hai ningunha vivenda. Tamén se gastaron 10.000€ en forrar de pedra un pozo onde se esculpiu a cara de Óscar Pereiro, tamén adicada a Óscar Pereiro colocouse unha estatua de vidro reciclado na rotonda do Multiusos en Petelos, haberá que agradecer que non puxeran SomosMos. Todos estes esforzos para apenas unhas horas que os ciclistas pasarían por algúns barrios de Mos.

Pero, e por aqueles sitios por onde non pasou a Volta? Pois a realidade é que na inmensa maioría de barrios do concello non pasou a Volta, por eses barrios non se limpou en profundidade, tampouco se asfaltou as calzadas en mal estado nin a Xunta inverteu un peso. Así goberna o PP e Nidia Arévalo para a foto e buscando a súa gloria persoal usando para iso os recursos públicos, é dicir o diñeiro de todas e todos.

E canto vai custar a chegada Volta Ciclista a España a Mos? Pois non se sabe, mellor dito non o queren dicir. Ata en tres ocasións preguntóuselle á alcaldesa en sesión plenaria canto ia custar a Volta Ciclista e en tres ocasións se negou a contestar alegando que cando se soubera diríao, algo cando menos estraño pois os convenios e contratos levan meses asinados, pero xa se sabe que o PP e a transparencia non se levan moi ben.

Un evento deportivo non é prexudicial para un concello e pode ser beneficioso, sen ir máis lonxe hai uns meses o concello de Mos acolleu un tramo do Rally Sur do Condado polo cal o Concello abonou a cantidade de 500€ e aportou operarios municipais para axudar a organización. Pero no caso da Volta vemos como se destinan inxentes cantidades de recursos tanto monetarios como de persoal para o enriquecemento dunha empresa privada como é Unipublic, organizadora da Volta e que ingresa ducias de millóns de euros só en publicidade dos patrocinadores.

E mentres o goberno municipal e a Xunta dilapidan eses recursos na Volta no concello temos ducias de casas sen saneamento, rúas cheas de buracos, a fibra óptica nin está nin se lle espera… haberá que esperar a que volva a Volta a España e de paso que poñen unha enorme pancarta de “Por aquí pasa a Volta” tamén empecen a pasar os servizos que se merecen todas a veciñas e veciños de Mos.