Os ninguén: Os fillos da nada

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Hai que recoñecelo. Unha das razóns polas que me encantaba viaxar e por ver novos monumentos e tachalos da lista, non era por nada, senón por descubrir novos horizontes, acumulando novas historias e coñecer ¡Como non! Novas xentes.

Eu, non podo deixar de informarme de novas historias sen saber o rueiro e intentar entender que vai a ser o que teña que encontrar. E a medida que se aproximaba o día, notaba as cóxegas no estómago que non desaparecían ata chegar o rueiro, de Fornelos da Ribeira.

Lémbrome da última historia que se cruzou no camiño ¡Imaxínate! Tiña catro anos e vivía na terra do 18 de Xullo do 36. Resultado maldito. Era un mais “dos fillos da nada”. Non entendía nada do que estaba a pasar, vivía coa madriña, no rueiro do Casco, no distrito de Fornelos da Ribeira, do Concello de Salvaterra, ¡Qué ninguén se ofenda! Con dúas irmás e sen nai, finada en Santiago de Tortoreos (As Neves), no 1.938, considerándome fillo perdedor. Na miña mente de neno estaba o momento de deixarlle a miña nai, un ramo de flores algún día, e ese día chegou, pero xa non estaba.

A verdade era, que era un ser dunha terra, tamén de perdedores, porque era dunha terra no que todos eramos iguais, cousa que non era verdade. E loitando foron pasando os anos e a única resposta foi ser un ninguén, un fillo da nada.

Si, porque na túa terra ninguén te escoita, tes que inmigrar para axudarte a vivir. Tes que moverte e agora as portas do 90 anos, xa non son o de antes.

Sen embargo, teño esperanzas de que unha luz tenue que o tempo vai pondo, me dea a ilusión e esperanza de que estar neste mundo noso, memorizando a familia, os amigos e as xentes que están no mais aló, aínda que non me vexan.

A ilusión, aínda que sexa desta maneira o acapara todo. ¡Bendito sexa!

Con esta historia, este fillo da nada, se alegra, despois de todo, de ser nado en Fornelos da Ribeira, formando parte de tódolos ningures, e que esta pequena historia tivo lugar nel. E, te das conta, de algo que xa sabías, que non sempre fai falta ir a lonxe, para encontrar historias, porque as temos aquí,nas nosas aldeas.

Penso eu que as veces vamos demasiado lonxe buscando algo que contar, e nos esquecemos das cousas da nos propia vida, que aínda quedan por saír.

Ben dicía Galiano dos ninguén, dos fillos da nada, dos donos da nada: Se pode recuperar sempre, entre o sentimento e o deber, o amor e o odio, coa esperanza, engadindo a realidade. ¡Que así sexa de verdade!