G. Figueiredo e Tino Lago
A principal cidade do noso país vive nunha situación política de maioría incontestable ostentada polo alcalde Abel Caballero. Nós quixemos coñecer o estado actual das cousas e entrevistamos a 200 persoas de maneira aleatoria. Da análise das respostas parece concluírse que o alcalde non terá problema en conservar a maioría de apoio cidadán, pero que a súa próxima vitoria xa non será por esmagamento. Por outra parte todo parece indicar que os nacionalistas dirixidos por Xabier Pérez Igrexas apuntan a unha moi importante suba en apoios e representación. Velaí vai o resultado do noso exame á política viguesa:
Enquisa a 200 persoas, 100 homes e 100 mulleres todas veciñas de Vigo ,realizada entre o 2 e o 6 de novembro, mediante contacto telefónico aleatorio.
PSOE: ABEL CABALLERO
COÑECEMENTO: 100%. VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10 :6.8
HOMES: COÑECEMENTO 100%, VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10: 6.3
MULLERES:COÑECEMENTO 100%. VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10: 7.3
PP: ALFONSO MARNOTES
COÑECEMENTO: 23%, VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10: 2,2
HOMES: COÑECEMENTO: 22% –VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10 : 2,3
MULLERES:COÑECEMENTO:24% VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10: 2,1
MAREA: RUBÉN PÉREZ
COÑECEMENTO:25%, VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10: 4.5
HOMES: COÑECEMENTO: 31%. VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10: 5
MULLERES: COÑECEMENTO: 19% VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10 :4
BNG: XABIER PÉREZ IGREXAS
COÑECEMENTO: 30%, VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10: 5.83
HOMES: COÑECEMENTO 31% VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10: 5.33
MULLERES: COÑECEMENTO 29% VALORACIÓN MEDIA ENTRE 1 E 10: 6.33
VALORACIÓNS DO ESTADO XERAL DA CIDADE.
VALORACIÓN XERAL: 6,45
HOMES: 6
MULLERES: 6.9
Cales son os principais problemas e necesidades da nosa cidade?
Velaí van as respostas máis numerosas:
-Falta de axudas sociais
-Falta de información e excesiva dificultade para acceder ás axudas e subvencións
-Deficiencias do transporte público no acceso ás parroquias
-Dificultade de acceso á vivenda
-A progresiva desindustrialización da cidade
-Dificultade extrema para o acceso ao mercado laboral en condicións dignas para a mocidade
-Investimentos arbitrarios que non contan coa opinión das AAVV
-Investimentos centrados no casco urbano que deixan de lado as necesidades da periferia
-Tráfico caótico
-Falta de aparcadoiros
-Deficiente política ecolóxica que deixa esmorecer aos pulmóns da cidade