O PSdeG-PSOE reafirma os avances para a execución dos proxectos estratéxicos para Ponteareas por parte do Goberno de España

Concello de Ponteareas A Nova Peneira

A solución dada á depuradora demostra un compromiso que entendemos que é extensible ás obras de mellora da seguridade na N-120 e, deseguido, á execución da Variante

-David Regades: “O grupo municipal de Ponteareas está a traballar moito onde hai que facelo para que estas obras, nas que o PP só deixou carpetas baleiras, saian adiante”

Pontevedra, 8 de outubro de 2021

O Goberno de España ten un compromiso claro e decidido coa execución dos proxectos de mellora da seguridade viaria na N-120 e de construción da Variante de Ponteareas. Así o manifesta o secretario xeral do PSdeG-PSOE, David Regades, quen, ademais, pon en valor o intenso traballo que está a realizar o grupo municipal socialista, que lidera Chus Garrote, para que estes proxectos saian adiante. “O grupo municipal socialista está a traballar moito onde hai que facelo para recuperar o tempo perdido polo PP de Rajoy, que só deixou carpetas baleiras nos ministerios”.

Regades achega tamén a vontade da organización provincial do PSdeG-PSOE de sumarse ao impulso destes dous proxectos estratéxicos para o sur da provincia, un impulso no que tamén está a participar decididamente o grupo dos socialistas galegos/as no Congreso dos Deputados, tal e como confirma o deputado Guillermo Meijón.

“Foi o compromiso das/os socialistas, comezando polas/os de Ponteareas, o que fixo posible que a licitación da depuradora sexa hoxe unha realidade e manteremos ese mesmo nivel de esixencia para que saian adiante as obras da N-120 e, máis adiante, a Variante”, recalca David Regades. Explica o secretario xeral socialista na provincia que a mellora da N-120 era unha “promesa pantasma dun Rajoy que investiu 0 euros en Ponteareas”. É a partir do ano 2019 co Goberno de Pedro Sánchez cando se producen os avances necesarios para a contratación da redacción dun proxecto técnico, valorado en catro millóns de euros, que antes non existía e que agora está en fase de supervisión no Ministerio de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente. No que atinxe á Variante, o PSdeG-PSOE provincial destaca que foi tamén o actual Goberno quen comezou a súa tramitación coa avaliación ambiental previa.

Por outra banda, os Orzamentos Xerais do Estado para 2022 inclúen 28 millóns de euros na partida de Conservación e Explotación (23 millóns de euros) e á Seguridade Viaria (5 millóns de euros) nas estradas nacionais da provincia de Pontevedra, polo que se o expediente para a mellora da N-120 atópase en situación de ser licitado ao longo deste ano, o Goberno poderá facelo con cargo a estas partidas.

Finalmente, David Regades agradece o esforzo continuo das/os socialistas de Ponteareas por involucrar a tódalas/os compañeiras/os do Partido Socialista dende as distintas Administracións para reclamar o carácter estratéxico duns investimentos estratéxicos para Ponteareas “e que será o PSOE quen os converterá en realidade”.

Primer comentario

Deixa a túa opinión