
Recentemente, a veciñanza mosense está recibindo as cartas en relación o Imposto de Bens Inmobles cos atrasos do ano 2018, ditas cartas conteñen algún erro polo que os socialistas piden que dende o concello se informe a veciñanza e se habilite un punto municipal ao que os veciños poidan acudir a solucionar as dúbidas. Dito punto sería similar a situacións anteriores, nas que se informaba da revisión catastral.
Nalgúns dos casos, o importe coincide co do 2021 no canto de ser a diferenza que corresponde ao ano 2018. Dito erro, dase nas cartas emitidas polo Oral provocando confusión. Xa que so terían que pagar o importe total, aqueles veciños que aínda non abonaran o IBI de 2018 e o resto tería que pagar a diferenza.
Dita solicitude ven provocada polo complexidade que pode resultar para algúns veciños solicitar a cita e acudir as instalacións do Oral, sendo máis doado facer o trámite no municipio.