Ruby almacén, todo o universo da roupa en pleno corazón de Petelos

Ruby

Na parroquia de Petelos, moi preto do edificio do noso concello está Ruby Almacén o negocio da nosa amiga Val de Irene. Ela é unha muller valente e moi traballadora que con moito esforzo e ilusión xestiona un punto de venda de roupa moi variada , moi económica e de grande calidade. Nós coñecémola un pouco mellor. Velaí vai o que deu de si a conversa

Val de Irene Silva

Como chega unha muller do Brasil ás terras da Louriña, Val?

É unha longa historia. A miña familia é de procedencia italiana. O meu avó chegou ao Brasil fuxindo da guerra mundial. E eu acabei volvendo a Italia co meu pai. Estiven uns anos e volvín para Brasil. Alí comecei a traballar cunha señora que é tía do meu home que é portugués. E eu vin a Portugal con ela e alí coñecín a quen logo sería o meu marido.

E comezou a túa vida profesional en Portugal?.

Si estabamos nun pobo moi bonito cerca de Braga. Alí estivemos 4 anos dedicados ao sector do téxtil e á hostalaría. Pero os negocios non ían moi ben, pois é unha zona un tanto deprimida economicamente á que lle afectou moitísimo a chegada do €. Entón o meu home veu traballar aquí. Encantounos Galicia e aquí estamos

Ademais creo que polo teu traballo coñeces ben o país?

Pois si, porque nós imos vender ás feiras e estamos a viaxar constantemente por Galicia adiante. Estivemos 8 anos vivindo en Peinador ata que nós decidimos a abrir o noso en negocio en Petelos. Sempre estivemos no sector do téxtil. Inicialmente só vendiamos en feiras e agora seguimos facéndoo pero sumamos a venda no noso local de Petelos.

Cando abristes almacenes Rubí?

No ano 2014

Como valoras os seus primeiros 8 anos de vida?

Valóroos moi ben. A miña veciñanza e a miña clientela son moi boa xente. Eu estoulles moi agradecida pola súa acollida e pola súa confianza. A verdade dáme mágoa non poderlle dedicar máis tempo ao negocio pero coas feiras ás que vou resulta moi complicado

Que tipo de roupa vendedes?

Vendemos fundamentalmente mercadoría para o fogar: sabas,manteis,edredóns, cortinas, alfombras, almofadas…todo o referente ao fogar

Tamén roupa para vestir verdade?

Si, para señora, cabaleiro e para nenos e nenas

Para todas as idades?

Si desde os dous anos ata as persoas adultas temos material de moi boa calidade.

Quen son os vosos provedores?

Son todos portugueses, os mellores fabricantes do país irmán, de feito como che dixen a nosa roupa é de moi boa calidade. E o prezo é moi económico en relación coa boa calidade da roupa. Agora mesmo por exemplo temos unha promoción excelente; sabas de microfibra de calquera medida , primavera verán, a 10€

En liñas xerais ao cliente interésalle máis o prezo ou a calidade?

Neste momento o prezo. Un sinal evidente de que a situación económica non é boa

Cal é o perfil de cliente máis abundante que tes?

Teño clientes de todo tipo , desde persoas moi humildes ata quen ten unha posición económica moi elevada. E en canto ás idades igual , veñen xente de todas as idades.

Tes algún cliente ou só clientas?, quero dicir se os homes xa vemos como normal ir mercar roupa nós sós de maneira natural?

Teño algún cliente home, si. Pero a maioría seguen sendo mulleres

Preguntarche polo horario é complicado verdade?

Si, é complicado dicir un horario fixo porque eu móvome moito en función das feiras que vaia habendo. O mellor é que as persoas interesadas contacten comigo e concertemos unha cita previa. Poden facelo:

-Chamándome ou enviándome un whats app ao 655664528

Na nosa web: ruby tienda.com( se non é moi lonxe levamos o pedido ao enderezo do cliente sen cobrarlles nada)

-A través do noso facebook: Ruby Almacén

Por último convido aos lectores e lectoras a que a demais de coñecer a nosa roupa veñan a degustar as mellores cereixas do mundo, pois agora que comeza a temporada desa froita poremos un posto diante do noso local

Que ricas¡¡.Conta comigo seguro.

A cerca de admin 48 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.