O BNG de Pazos aclara que presentará a súa candidatura con Xurxo Pardo Besadío como candidato a alcaldía

Logotipo BNG

Pazos de Borbén, 12 de Xaneiro de 2023

O BNG de Pazos de Borbén aclara ante o comunicado de prensa de Alternativa Veciñal que o BNG de Pazos de Borbén en ningún momento recibiu ningunha chamada, nin comunicación formal por parte de Alternativa Veciñal para a formación dunha candidatura conxunta nin nas vindeiras eleccións de maio do 2023, nin nas pasadas eleccións do 2019. O BNG de Pazos de Borbén ten un proxecto serio é sólido, que leva moitos anos traballado a prol do cambio neste concello. Por iso hai 2 meses que presentou o seu candidato Xurxo Pardo Besadío e as compañeiras e compañeiros que o acompañarán. As forzas de esquerda en Pazos de Borbén están destinadas a manter conversas e traballar conxuntamente para botar fora o Partido Popular. Para iso necesitase confianza e respecto, polo que lanzar notas de prensa que falsean a realidade en beneficio propio non contribúe a xerar un clima de confianza e só beneficia o Partido Popular. O proxecto do BNG é un proxecto que vai máis alá do local, un proxecto común para todos os concellos do país, que non pasa por candidaturas que se limita a ámbitos estritamente locais que non teñen poder de intervención con administracións que marcan a vida das veciñas e veciños. Un proxecto nacionalista e de esquerdas que busca mellorar a vida das veciñas e veciños de Pazos de Borbén.