Historia e memoria das escolas de nenas e nenos

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

En memoria de Eugenio López Y López.

Levantar as escolas de nenas e nenos, en Fornelos da ribeira, como fixeron os nosos emigrados na Arxentina, resultou ser unha tarefa exemplar, pero con ven aclarar que naqueles tempos, algunhas escolas, como estas, pasaron as mans do Estado, tras o 18 de Xullo de 1.936. Aquela meritoria labor, de escasa conciencia nacional, foi recollida pola Irmandade Nazonalista Galega, segundo A Forca, que dicía que pouco ou nada se facía polas “escolas galegas”, e os emigrantes na Arxentina, con criterio equivocado, pero con boa intención, malgastaron esforzos e cartos, sostendo ambas escolas, orientadas, en sentido ruinoso, para a nosa aldea, distrito do Concello de Salvaterra do Miño, para mais “INRI”, pois eran sostidas cos cartos dos fillos de Fornelos na Arxentina, que non se conformaban coa labor galeguizadora, e orientación dos meniños “camiño a emigración”, como si fora unha nova sociedade de protección da “Escola Galega”, en galeguizar a ensinanza. E aquí teño que lembrar a don Eugenio López y López, avogado, nado en Ourense, pertencente a Carreira Fiscal, nomeado Director Xeral da Ensinanza Primaria, do Ministerio de Educación e Ciencia, que pese a ser franquista, toda a súa vida foi xenerosa e colaboradora nesta campo, creador da Agrupación das Escolas e promotor dos Grupos Escolares, espallados polo noso país galego. Eu lle estou moi agradecido polo trato recibido en Donostia (Guipúzcoa), o concederme a honra de ser o fundador da primeira Cooperativa Escolar nacida en España.

Lémbrome¡ como non! Da Fouce (La Hoz), que foi unha publicación de marcado carácter independentista, órgano da Irmandade Nazonalista Galega, de Bos Aires, logo Sociedade Nazonalista “Pondal”, e posiblemente unha das primeiras na defensa da independencia, aló polos ano 1.925 – 1.936.

Ben pensaban os nosos emigrados na Arxentina, na creación das escolas, e que responderan eficazmente os seus desexos, pensando en restituír na aldea, o exercicio da súa función evitando a intromisión oficial e tratando de formar as nenas e nenos do campo, evitar a emigración, retendo este capital humano, tan necesario para a rexeneración social, e o desenrolo económico da terra.

Ben pensaban os nosos emigrantes, que a escola era o campo fértil onde xermina a semente dunha nova conciencia. Pretendían que as escolas foran a “SEMENTE NOVA”, para crear conciencia social e iniciativa local.

Esta idea, recollida por don Eugenio López y López, a levou a cabo reagrupando tantas escolas repartidas polas parroquias, e reagrupalas en Grupos, en cada concello, sobre todo pola concienciación dos nenos, da influencia da sotana, liberando as parroquias do control caciquil, que tanta angustia creaba en cada parroquia.

Tamén ten moito que dicir o “movemento agrarista” e a organización do Sindicato El Progreso, de Fornelos da Ribeira, loitando contra o caciquismo, ademais de promover e modernizar o sector agrario, que Xosé Manoel Núñez Seixas, describe en Emigrantes, caciques e indianos: O influxo socio político da emigración transoceánica en Galicia (1.900 – 1.930).

Hai que levar a aldea a xemente da vida, e que arraigue na mente e no corazón da infancia, porque e necesario orientar as nenas e os nenos con métodos prácticos, e coa reagrupación dos Centros, naceu unha oportunidade única. Nunca me cansarei de repetilo! Fora o caciquismo e o clericalismo! Pragas dos privilexios e da arbitrariedade, para unha orientación progresista.

Don Eugenio López y López, se queira ou non, nos deixou o legado para un mundo novo, na educación, formando, ideas e reflexións, no campo político- pedagóxico.

¡Non esquezamos da triste desgraza de ter unha escola aberta sen nenos, pola escravitude económica dos pais! E, non quero esquecerme da influencia da “escola Arxentina” dando lugar as escolas de Fornelos da Ribeira, do que me sinto moi honrado, e que o xornal A Nova Peneira, ¡A Nosa! Ten a ben dar a coñecer o pensar de cada quen.

Digo sempre: A pesares de ser don Eugenio López y López, un franquista, ¡Que boa persoa era! Amigos de todos e non era un xesto, porque a persoa estaba por riba do ideal político. D.E.P. este bo home.