Fillo de Salvaterra do Miño, republicano e galeguista, un dos vos e xenerosos

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Este fillo de Oleiros, do Concello de Salvaterra do Miño, que foi presidente da Unión Progresista de Salvaterra, fundador de Nós, patrocinador de O Correo de Galicia, e un participante da edición da Historia de Galicia, que coordinara Ramón Otero Pedrayo, e que sostivera a Alfonso R. Castelao en Bos Aires, non sexa capaz de ser distinguido no seu eido natal, o seu mais que ben merecido altruísmo, e menos recoñecida a súa capacidade creativa, sendo un dos poucos fillos que co seu traballo viviu ben e repartindo todo, — política e socialmente falando — , vencellado o Partido Socialista Arxentino, sendo o seu perfil republicano e galeguista. Como debe ser!

E debemos suliñar aquí, o que dixo a propia filla, coa chegada a Bos Aires, do noso Alfonso R. Castelao (irmán da loita por Galicia), xunto con Ramón Suárez Picallo, Alonso Ríos e Elpidio Villaverde, do Consello de Galicia, o que iba Manuel Puente González, aportando cartos para a causa galeguista, recadando fondos para as distintas iniciativas, das que ningún veciño do Condado de Salvaterra recoñece, e o mais importante e o pouco recoñecemento a súa labor por parte do Concello actual, a súa xestación da Historia de Galicia, sendo un dos bos e xenerosos, no fogar de cada nós, erguido e fortalecido, non por parte do concello, que con el, morreu a última xeración de filántropos da terra. Menos mal que na Arxentina aínda queda a fundación que leva o seu nome, presidida pola súa filla Rosa Puente, difundindo a historia dos nosos emigrantes.

E triste que este noso fillo de Salvaterra, Manuel Puente González, nado en Oleiros, sexa un persoeiro descoñecido, que ninguén se lembre del, e menos aínda do seu regreso a terra, o 29 — 06 — 1.928, acompañado da súa dona, sendo recibido por unha comitiva formada por Manuel Mariño Méndez, Camilo Rodríguez, Constante Alonso, Juan Rivas e Manuel Pérez Troncoso.

E honrado dicir que o 15 — 07 — 1.928 este noso vo e xeneroso home, inaugurou no rueiro da Forca, a Casa do Pobo (tristemente comentada a reforma, polo noso amigo Antón Lorenzo González, — Xaque —), coa asistencia de Manuel Mariño Méndez, Eugenio Arbones, Ubaldo Gil, Botana Pérez e moita xente da Comarca, que agora dorme para sempre baixo as estrelas.

E triste que non se lle recoñeza a súa labor política nin a súa defensa da cultura. Total ¿Para que? Preguntaran algúns. E, así pasou con outros mais, como Rogelio Estévez Cambra de Fornelos.

Menos mal que ao final da guerra civil, grazas a xestión do Goberno Arxentino, se logrou rescatar a Manuel Mariño Méndez, o último alcalde de Salvaterra, preso nun campo de concentración.

Que saiban todos, que os seus cartos sempre estiveron a disposición de proxectos da cultura galega. E vai para a Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega, Nós, Deputación de Pontevedra e o Concello de Salvaterra, que non son capaces nin tan si queira nomearlle unha rúa, un homenaxe, un monumento, algún recoñecemento por pequeno que fora: Nada. El, — coma sempre —, axudou a edición do libro de Alfonso R. Castelao As cruces de pedra na Galicia, Sempre en Galicia, e os primeiros tomos da obra Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo. Foi un exemplo de colaborado. Apostando, e aportando pagos do dereito de autor, a corrección ortográfica, deseños, etc. Nunha carta de Puente a Otero Pedrayo, o 10 — 01 — 1.959 da conta dos fondos que aínda ten Otero Pedrayo no banco, e das diversas partidas que deberan serlle entregadas por outras vías, como a do amigo Vázquez Calo, que se comprometera a entregarlle, fai xa uns tres ou catro anos a cantidade de 20.000 pesetas en reembolso duns cartos que lle debía a Manuel Puente. Engade ademais, a cantidade de 120.000 pesetas que en distintas partidas entregadas a Álvaro Gil Varela, para pagar a cartografía en Madrid, da que debía haber sobrante de 60.000 que lle deben ser entregadas a Otero Pedrayo. E deste fondos, conclúe Manuel Puente, facer pagos a Risco, Cuevillas, Lourenzo, e os señores Carro e Ferro a conta dos traballos que lle tiñan feito: Prólogo e estudo xeográfico, como ficou patente, procedente do epistolario de Manuel Puente González, co proxecto da Historia de Galicia. Tamén, en carta a Filgueira, non deixa de queixarse da situación arrastrada durante 10 anos. Eu me pregunto: ¿Como non espertou a xenerosidade de Manuel Puente, noutras mentes galegas, onde agardaría o seu merecido? Teño a certeza de perder o tempo en cousas miúdas (21— 12 — 1.957) dicía Manuel Puente, pola penuria en que se movía a cultura galega, durante o franquismo, moi amigo do caciquismo, que era o que se levaba, naquel entón. Esperamos que A Nova Peneira (A nosa), lamente a preocupación polo pouco que se lle prestou a este home bo e xeneroso, por manter viva a súa memoria e o recoñecemento a súa contribución a causa galeguista: Historia de heroísmo, fe e traballo, que lamentamos todos os que loitamos por unha Galiza grande e republicana.