Javi Martínez campión de España do CERA

Javi Rallie Cera
Xurxo Gregorio

Entrevistamos a Javi Martínez, natural de Salceda e residente en Tui que se proclamou no 2023, Campión de España do CERA, Campionato de España de Rallies de Asfalto. Mestura a súa paixón polos Rallies co seu traballo xa que falamos dunha disciplina na que a profesionalidade, como en tantas outras é moi complicada.

Onde saíu a túa afección polo automobilismo e sobre todo polos Rallies?

A miña afección ven desde moi pequeno, este deporte tocoume na familia meu padriñoo é Jorge Pérez corredor de Rallie recoñecido, meu pai aínda que nunca correu axudábao sempre nas competicións. Pasei moi tempo da miña infancia seguindo os Rallies, a Renault Express do meu pai servía de transporte “oficial” de neumáticos nas carreiras e teño lembranzas de moi neno acudindo ás carreiras. Anos máis tarde meu primo Jorge Pérez fillo comezou a correr tamén polo que volvín prestarlle máis atención se cabe e polo tanto no meu entorno nunca sorprendeu que me adicase a este tipo de disciplina.

En que equipo te iniciaches?

Non me iniciei en equipo ningún en concreto mais ben teño unha pandilla de amigos que comezamos a fedellar nos coches e pensamos en competir varias veces ate que tomamos a decisión. Curiosamente a primeira vez que decidimos competir non puiden xa que estaba traballando en Valencia. A casualidade fixo que tempo máis tarde debutara no Rallie Eurocidade, organizado pola escudería Dona Urraca o 14 de Maio de 2016.

Cal é o labor diario de un copiloto de rallies?

A principal tarefa que temos os copilotos e batallar entre o traballo, familia e afección, este é un depor te que ocupa moito tempo entre deprazamentos e competicións. Logo falando xa da labor de copiloto a miña función é a organizar as carreiras, buscar hoteis e facer o planing das carreiras. A función concreta do copiloto pode variar dun equipo a outro mais é do que eu me ocupo no Ares Racing.

Onde desfrutas máis, en asfalto ou terra?

Realmente esa é unha pregunta moi difícil de contestar para min, tanto a terra coma o asfalto teñen as súas cousas que me gustan, cada modalidade ten o seu aquel. A Terra é máis divertida para facer derrapes e desfrutar da condución propiamente dita, pero é mais difícil de controlar. O asfalto é para desfrutar da velocidade, é o que dá a sensación de correr de adiantar nas carreiras de ter o control do vehículo.

Que aprendes en cada rally para aplicalo o seguinte?

Este é un deporte de aprendizaxe continuo. Toda carreira ou competición serve para aprender algo máis e analizar os fallos. Todo no que se erra nun Rallie serve de adestramento para o seguinte. Eu tento analizar aquilo no que fallamos para non ter o mesmo erro na competición seguinte , para repasar as cámaras interiores e para pulir os fallos cometidos e non reincidir. Certo é tamén que cada rallie ten as súas peculiaridades os seus tramos e a súa orografía diferente polo que é difícil aplicar o que che aconteceu nunha competición na seguinte.

Como afectan as innovacións tecnolóxicas o mundo do rallie e os copilotos en particular?

Se te refires a introdución de coches eléctricos neste deporte aínda non chegou. Os que nos adicamos a isto non gustamos dos coches eléctricos xa que pensamos que lle quitan algo a competición. Teño dúbidas de que dado o proceso de produción que teñen eses novos vehículos realmente contaminen menos e sexan mellores para o medio ambiente dado o consumo que teñen para construilos e as dificultades de reciclaxe que teñen. Eu son partidario de seguir cos coches actuais de combustión, neste deporte somos de gasolina.

Como se financia a práctica deste deporte?

O financiamento é moi compricado case todos os que participamos neste tipo de deportes compatibilizamos a súa práctica con outro traballo normalmente relacionado co motor, mantemento…O financiamento de equipos e competidores é por patrocinadores, normalmente relacionados co mundo do motor sexa empresas de recambios, lubricantes,, Certo é que hai algunhas administración públicas que tamén aportan a distintos equipos ou fomentan a participación en determinados rallies ou competicións.

De que vive Javi Martinez ou da para vivir dos rallies?

Traballo en mantemento nunha empresa no Porriño. Teño un xefe que consinte que me adique a este deporte o certo é que durante o ano teño ocupados aproximadamente 25 fins de semana en competir, o que provoca que teña que desprazarme constantemente e sexa complicado compaxinar a competición co traballo e sobre todo coa familia se non fose polo apoio que me dan tanto na casa coma na empresa na que traballo.

A profesinalidade neste tipo de actividade deportiva é moi difícil, hai moitos copilotos que son profesionais nos Rally raid, é dicir, os tipo Dakar onde a orientación é máis importante que a propia velocidade. No caso das competicións como as que eu participo é difícil estar en elas sen compaxinalo con outra actividade.

Cal é a competición na que mellor o pasaches?

Onde mellor o paso igual polo ambiente ou porque o vivo desde neno é nas competición de aquí da casa a Sur do Condado e o Rías Baixas se ben hai outros onde tamén desfruto moito. O Rallie da Coruña é moi especial para min xa que o piloto o que acompaño Iván Ares é de alí e o apoio que sentimos e a sensación da competición é espectacular.

Fóra de Galicia, desfruto moito do Rallie de Llanes en Asturias, dado o apoio da vila a esa competición. Sentes que todo o mundo se involucra no Rallie e dálle un ambiente especial.

Tras ser considerado o mellor copiloto de España no CERA, Campionato de Rallies de Asfalto, cal é o teu seguinte obxectivo?

Gañar o CERA co meu compañeiro co equipo Alpine foi unha gran experiencia, agora o obxectivo, como non pode ser de outro xeito é gañar o Supercampionato. Este componse de dúas modalidades a de asfalto e a de terra xa é máis esixente creo que estou cun equipo co que o podo conseguir máis haberá que esforzarse moito.

Que trofeo destacarías na túa traxectoria?

O trofeo máis importante que teño é indubidablemente o Campionato De España de Rallies de Asfalto gañado co equipo Alpine como xa dixen antes mais outro trofeo que para min ten algo especial o “ Botijo de Plata”. Este trofeo é o premio por gañar o “Rally de la Vendimia”, una competición das máis lonxevas do conxunto de Rallies que se celebran en toda a península. Esta competición celébrase desde o ano 1971, en asfalto na zona de Almendralejo, Tierra de Barros, na provincia de Badaxoz en Extremadura. Foi algo especial gañar esta competición xa que o Botijo de Plata é un premio que tamén teñen nas súas vitrinas pilotos tan consagrados como Carlos Sainz ou Chus Puras o que para min ten un significado especial.

Como se presenta a temporada actual para Javi Martinez?

Esta temporada dado o éxito da pasada vou competir en dous equipos diferentes e que dous pilotos distintos xa que estarei no Supercampionto de España e outra vez máis no CERA.

Vou estar con Iván Ares conducindo un Hyundai i20N Rally2 disputando o Supercampionato de España o que é o máximo obxectivo o que se pode aspirar a nivel nacional. Como dixen antes gañar sería difícil mais non imposible.

O Campionato de España de Rallies de Asfalto estarei con Jorge Cagiao no equipo Alpine, conduciremos un A110 Rally RGT co que espero revalidar o campionato.

Moitas Grazas, Javi Martínez por atender esta entrevista seguiremos atentos ás túas actuacións.