Marta PP A Cañiza
As matemáticas son una ciencia exacta, din os dos números e non serei eu quen negue esta premisa, mais ás veces a min, coma a moitos outros, non me dan as contas.
Coma esta vez, na que Luís Piña sube os impostos no concello da Cañiza, pero boa parte da xestión do lixo, vaino xestionar o Concello de Arbo, e agora se algún veciño quere que lle veñan recoller un somier o unha lavadora vella, terá que pagar. En definitiva, sobe o imposto do lixo, pero teremos que abonar a recollida dalgúns residuos a maiores. Conto e conto polos dedos, pero nada: non me dan as contas.
Pero non só ocorre co lixo, tamén co imposto dos coches, das casas (e non se che ocorra ter unha casa na vila e non vivir nela, porque vas pagar máis que ninguén: menos gasto de lixo, de agua… pero máis caro), e outros tantos impostos máis.
E se non tes saneamento, pagas para que che vaian vaciar a fosa séptica! Porque cos impostos dos veciños, non se fan nin saneamentos, nin se pagan os vaciados das fosas.
Pagamos máis porén, cada día menos servizos.
Sigo contando polos dedos, e seguen sen darme as contas.
A xente está que trina, porque cando che tocan o peto, retórceste, pero ao final a xente traga e toca soltar o billete. Tampouco me dan as contas aquí.
E con isto xa debía contar o alcalde. E fixo as súas no seu día: non dixo nada en campaña de subir impostos e deixou que o Estado embargase as contas municipais por non facer un plan de axuste, Claro! Porque o plan de axuste incluía a subida de todos os impostos. Pero, se hasta levaba no programa baixar o IBI! Que inocentes fomos! Picamos todos! O alcalde creando unhas expectativas de creación de emprego, empresas que ían inundar o polígono (hasta quería amplialo, porque non cabían todas as que estaban facendo cola), e resulta que todo era unha posta en escena, pura ficción. Pero iso non o contou. Sorría, chocaba mans nos despachos e mentres co pé iba agachando o lixo debaixo da alfombra.
Nós, deixámonos enganar e el sabía que estabamos a morder o anzol. Pero xa contaba con iso. Total, que é un monte de xente cabreada ao principio do mandato? Aínda quedan tres anos máis para engaiolalos con algunha cortina de fume maxistral. E agora que Regades volve á arena, será aínda máis doado.
E así vai tirando do carro. Sen contarlle á xente que a subida de impostos é unicamente para sufragar o custe de deixar as contas do Concello á deriva para non ter que recoñece unha xestión nefasta, coincidindo cunha campaña electoral.
Agora todos nós pasamos por caixa. E que remedio!
A oposición púxose á disposición dos veciños para tentar evitar esta abusiva subida de impostos, pero tan só unha pequena parte foi quen de facer alegacións en contra desta medida.
Agora só queda esperar que esas alegacións poidan botar para atrás este despropósito, senón, isto xa non o para ninguén. E cada ano será o mesmo, porque xa vos digo que non sempre todo o que sobe baixa, por moita teoría da gravidade que nos conten.
Pero ben, ás falcatruadas deste tipo de gobernos xa deberíamos estar acostumados. Nada novo baixo o sol.
Co teu euriño e co meu euriño, vai facéndose Piña o camiño.