
Queren vendernos o conto
do progreso e do futuro
pero aló no horizonte
nada brila todo é escuro.
corazón de Galiza
nada brila no horizonte,
veñen de fora os lobos
a beber das nosas fontes.
Veñen de fora os lobos
a mexar nos nosos montes
os que lles abren as portas
só queren a nosa morte.
Só queren a nosa morte
esta é a realidade,
logo sacan a bandeira
de Galicia calidade.
Esta é a realidade
dos vendedores de fume,
mexan por riba de nós
e logo plántannos lume.
Mexan por riba de nós pero nós xa estamos fartos dos que a nosa porta veñen con sacos cheos de cartos.
Non hai ouro neste mundo
que merquen as nosas terras,
imos berralo ben alto
que lles entre nas cabezas.
Imos berralo ben alto
que nos escoite Europa
porque os nosos gobernantes
nada fan e nada escoitan.
Nada fan e non escoitan
as voces da natureza,
o noso maior tesouro,
a nosa maior riqueza.
As augas claras dos ríos
frías coma a branca neve,
pousada dos camiñantes
onde van matala sede.
Baixa clara a auga do río
marmurando melodías
o río é como o tempo
traballando noite e día.
O río é coma o tempo
e xamáis da marcha atrás,
por onde passou antonte
xamáis voltará pasar.
Altri fora de Galiza
que estas terras son nosas
e non queremos desfeitas
por culpa da celulosa.
Nós non queremos desfeitas vivimos ben co que temos, non queremos agasallos enviados polo demo.
Non queremos agasallos
que enchan os nosos petos,
hoxe comeremos quente
pedras, mañá, os nosos
netos.
¡Que mágoa de gobernantes
están dirixindo a Xunta
sempre de costas ó pobo
cando precisa de axuda.
Lugo precisa de aire,
árbores e natureza
para eses ollos teus
patrimonio da beleza.
Para esses ollo teus
que brilan como as estrelas
Galiza é un paraíso
que rexeita as cadeas.
Galiza é un paraíso
que está sendo ameazado,
prados, riós, arboredas
herbiñas do meu valado.
Miña terra, miña terra
esa que levamos dentro
non se vende, nin se aluga,
nin se vai do pensamento.
Non se venden, nin se alugan
prados, ríos, arboredas
por moitos cartos que traian
agochados na bragueta.
Altri non é o futuro
non vos chamedes a engano
os que vos venden as terras
son compadres do diaño.
Ventos ceibes de Galiza
o pobo está en loita
espallar o noso berro
a ver si alguén o escoita.
O pobo que loita e berra
soña cos ollos abertos
por moito que no horizonte
veñan os ceos cubertos.
Nin un paso para atrás
todos sempre cara adiante,
Altri fora de Galiza,
vós e todos os moinantes.
Altri lonxe eu te quero
deste país que esmorece
como unha flor fermosa
pero que poucos defenden.
Ogallá que alguén escoite
este penar que vos canto
dende esta fiestra aberta
aqui dende o Pais Vasco.
Aló vai a despedida,
folgos para toda a xente
tamén un tirón de orellas
para os nosos dirixentes.
