*A Confederación Hidrográfica Miño-Sil anuncia a apertura dunexpediente sancionador contra Real Club Celta de Vigo S.A.D. por vertidodirecto de augas residuais no monte comunal de Pereiras en Mos.
Tras as denuncias presentadas por Ecoloxistas en Acción ante aConfederación Hidrográfica Miño-Sil, este organismo de bacia anunciaa apertura dun expediente sancionador contra Real Club Celta de VigoS.A.D. por “Vertido directo, sen autorización administrativa previado organismo de cuenca, de augas residuais procedentes das instalaciónsde depuración que recolle as augas pluviais e de escorrentía dasinstalacións de depuración do Real Club Celta de Vigo ao cauce dunregato o día 22/05/2024, no lugar de Pereiras”, no concello de Mos(Pontevedra).
A denuncia presentada ante a Confederación levaba aparellada, comoproba da contaminación, os resultados da analítica do vertido encargada por Ecoloxistas en Acción que reflicten unha altísimaconcentración de fecais e tamén a presenza de varios compostosquímicos asociados aos pesticidas e fertilizantes orgánicoshabitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol.A organización ecoloxista tamén presentou denuncia ante a Xustiza eo xulgado de instrucción número 2 de Vigo xa notificou a Ecoloxistasen Acción a apertura de dilixencias previas para investigar o vertidocontaminante procedente de A Fouteza, a cidade deportiva da SAD Celta enMos, xa que aprecia posible delito contra os recursos naturais e oambiente (PROC. ABREV. 929/2024).
Para a organización ecoloxista queda claro que o Concello de Mosrecoñece xa que a tubería procedente das instalacións do Celta é unemisario do aliviadero dunha cuba de recollida de pluviais e augasresiduais dos regos. Esta auga recollida arrastra materia fecal dosabonos orgánicos e compostos químicos dos plaguicidas utilizados nomantemento dos campos de fútbol. Cando a cuba se enche, esta rebosa ese alivia a través da tubería que verte no monte. Isto demostraque o vertido non é inocuo, xa que conten augas resduais contaminantes.Para Ecoloxistas en Acción o vertido contaminante procedente daAfouteza é claramente un delito contra os recursos naturais o ambiente, pero tamén un delito contra a saúde pública. A poucos metros,ladeira abaixo, do vertido atópanse varios mananciais das traídas deauga que corren un grave risco de contaminarse.
“A infltración nos manancias de productos contaminantes pode afectarás familias usuarias e terse que clausurar as captacións de augadeixando a miles de fogares sen auga de boca”, sinala XaquínPastoriza, coordinador do grupo local de Ecoloxistas en Acción, quenademais lembra que “no caso de Mos, o concello carece dun servizomunicipal de subministración de auga ás casas co que suplir a clausuradas captacións veciñais”.