A actual transformación do “valor da educación”

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Empezando polas sociedades dos nosos emigrantes na América que deron en construír centros dende o arranque do novo século, pensando en que pertencían a Galicia, e o intentaron levar a cabo en diversos lugares do pais, mellorando as súas respectivas parroquias e concellos e ofixeron a través da EDUCACIÓN, e do desenvolvemento agrario, porque era necesaria a modernización das nosas parroquias e sobe todo,concellos, acabando con o anacronismo existente, impulsando EDUCACIÓN e promovendo o ENSINO a través dunha educación axeitada a cada parroquia e concello, completamente abandonada polas estancias administrativas do Estado.

Deste xeito, naceu o PLAN da II República sobre esta materia, con unha carga de entusiasmo de sociedades que comezaron a proliferar, e o seu financiamento xunto co exercicio económico dada a ineficacia do Estado,fundamentalmente na Coruña, Lugo, e sobre todo no sur da provincia de Pontevedra.

Lémbrome hoxe, daquel movemento social, que fixo agromar unha activa intervención escolar – carente en moitas ocasións – dunha liña ordenada e coherente, cando non contraditoria, porque foi infinidade de factores os que impediron unha necesaria homologo xeración programática relacionada cos “naturais”, diferencias políticas,ideolóxicas, falta de experiencia ou simplemente con distintos obxectivos que cada un defendía. De aquí, naceron diferentes iniciativas para agrupar os movementos asociativos, dándolles uniformidade sen moito éxito, polo carácter efémero das federacións resultantes. De cal quer xeito, decenas de sociedades comezaron a proliferar a principios do século pasado, rematadas felizmente hoxe.

Ademais de perseguir a protección dos afiliados do entorno da emigración a exemplo dos grandes centros mutualistas, elaboraron plans específicos para acceder a transformación non so económica, política e culturalmente das aldeas, dos concellos e – incluso comarcas, que entendían era necesario organizar con criterios técnicos e científicos a explotación das riquezas e potencialidades da terra. Cumpría que os rapaces acadaran unha formación axeitada o seu eido,para que o que era preciso implantar naquel tempo, viveiros, hortas escolares nos centros do ensino, que paseniño foran agromando o longo da Xeografía, potenciando “emprendedores” no eido comercial e industrial, dunha forma axeitada capaces de afastar a imaxe do campo ermo, onde sobrevivían as viúvas, os orfos de vivos, como cantara Rosalía.

Deste xeito, o movemento social significaba un eficaz instrumento para acubillar recursos materiais, “remesas económicas” para a promoción de iniciativas novas, e accións socio – culturais, rexeneradoras que comezaron a agomar, respondendo a unha serie de carencias longamente padecidas nas escolas, que delataba o abandono das responsabilidades por parte do Estado, concellos e – incluso –Xuntas Locais de Instrución. E, non falemos dos locais adecuados, faltade mestres cualificados, ensinanza de métodos e recursos para atender axeitadamente a demanda das clases populares en idade escolar.Aqueles promotores da UNIÓN PROGRESISTA,f illos de Fornelos da Ribeira,onde mais sentían a necesidade na loita pola vida, da escasa orientación e falta de todo, de colectividades formaron agrupacións locais de carácter educacional, postas na alma de cada cativo,, na aldea “ eterna”, acaso na lembranza – do estómago – aterrado, envolto en farrapos con rumbo a unha terra de promisión, como diría o amigo Manuel Aparicio Gonzalez, naqueles tempos de xuventude paseando pola parroquia de Fornelos.

Hoxe, a transformación ten unha experiencia dinámica naquela confianza que os emigrantes depositaran na EDUCACIÓN, como vehículo rexenerador e transformación social.

Lémbrome daquela primeira Cooperativa Escolar fundada por min o amparodo Director Xeral da Ensinanza Primaria, don Euxenio López López, coa idea de crear grupos escolares, e traballar en beneficio propio,servindo para o futuro. NON QUERÍA ANALFABETOS.

So me quedan lembranzas para Luís Bello, na súa “Viaxe polas Escolasde Galicia no 1.928”. E como diría Porto Ucha, da América chegaría a modernidade a Guláns (Ponteareas).

Logo de tantos anos, felicito a nosa xuventudes escolar, pola“Socioloxía do Cambio”, dun ambiente abafante a unha apertura de ideas, como os que colleron o camiño de América. E, como dixo Pablo Neruda: “Os norteamericanos poñen as armas, nos poñemos a sangue”. Iso si que non!