O pasado día 12 entregamos os premios aos gañadores do noso concurso do encrucillado 2024.O gañador do concurso foi o subscritor de Salvaterra Antón Lorenzo, pois foi o que primeiro enviou o encrucillado correctamente resolto dentro do prazo que tiñamos establecido. Na imaxe, Antón recolle o seu premio de mans de Abraham Quintas, de “Templum Sensibus” Salvaterra, o noso provedor habitual dese tipo de produtos. Entre o resto de participantes sorteamos un lote de produtos ibéricos que foi para o subscritor vigués André González, que é o mozo que posa co seu premio e cun exemplar de ANP.
Dese ANP damos as grazas a todas as persoas que tivestes a amabilidade de participar, agradecemento que facemos extensivo, con toda a intensidade da que somos capaces de expresar, a todas aquelas que nestes 14 anos de vida do noso medio de comunicación, algunha vez fostes o suficientemente xenerosas para nos acompañar.
Ningunha empresa podería existir sen a compañía dos ses clientes e clientas, e o decente é devolver á sociedade parte da confianza que recibes. Neste contexto enmárcanse este tipo de concursos, ou as colaboracións económicas que ANP mantén con algúns equipos deportivos e entidades culturais. Unha sociedade na que todos nos axudemos a todos é unha sociedade decente, pola contra aquelas realidades nas que cada un vai ao seu son unha terrible mostra das peores partes do ser humano, esas que poden chegar a converter a vida nunha selva na que uns poucos teñen todo e outros moitos non teñen nada.


