A presenza do rei Felipe VI hoxe en Auschwitz.*

Floren Dimas. Oficial xubilado do exército do aire

Floren Dimas

Oficial do Exército do Aire ( Retirado) Membro de ANEMOI, ACMYR e Memoria Militar Democrática.

Oportunidade, inmoralidade e incoherencia.

A presenza do Rey e o seu consorte no campo de exterminio nazi de Auschwitz, non só é unha incongruencia moral insoportable, se non tamén histórica, porque mentres as cámaras de gas funcionaban a pleno rendemento nese e outros campos, o antecesor dinástico lexítimo de Felipe VI, o infante Don Juan (avó do actual rei) tras a morte de Alfonso XIII en 1941, andaba flirteando co réxime de Franco desde a súa residencia suíza de Lausana, mentres entre bambolinas tentaba facer as beiras, sen que se notase demasiado, aos aliados coma se xa ninguén se acordase de que en plena guerra civil, tentou presentarse ante Franco para ofrecerlle loitar contra a República como oficial de Mariña.

Agora, o neto do Infante don Juan de Borbón que se ofreceu a matar republicanos durante a guerra, pretende darse un baño de lexitimidade participando nun acto que simboliza o recordo aos republicanos asasinados polos aliados nazis de Franco contra os que quería combater o avó do Rey… se Franco aceptase o seu ofrecemento.

A diferenza das monarquías europeas da época, case todas exiliadas en Londres, que lideraron a resistencia contra a ocupación nazi, a monarquía española no seu dourado exilio suízo, traballou a favor dos golpistas antes e despois de 1936, para conseguirlles o apoio militar de Mussolini, que propiciou a súa vitoria xunto coa axuda de Hitler. Este recordatorio histórico da traxectoria dos Borbóns neste cambio de século, converte en ominosa e desafiante democraticamente, a presenza do Rey no acto do aniversario do campo de exterminio de Auschwitz. Un xefe de Estado que non se dignou aínda participar en España nun acto de homenaxe aos republicanos, presidido pola bandeira tricolor que historicamente lles representou e séguelles representando.

Podo apostar o que queiran, a que nas fotografías oficiais que se difundan hoxe, será imposible atopar a bandeira da República que representa ás vítimas españolas, indecorosamente suplantada pola monárquica*.