Do 2 ao 9 de maio estará aberto o prazo de entrega de obras para a mostra +arte-lixo, unha iniciativa artística e colaborativa que se instalará no Xardín do Pazo de Mos durante un mes. A proposta busca
fomentar a reciclaxe creativa e o uso de materiais de refugallo, convidando a artistas e colectivos a presentar ata 3 obras resistentes á intemperie.
A actividade non contará con inauguración nin clausura oficial, reforzando así o seu carácter comunitario e sen ánimo de lucro. A organización corre a cargo de entidades locais e persoas colaboradoras, co único obxectivo de dar visibilidade a novas formas de creación sostible no municipio.
