Vandalizan o mural de Castelao realizado por Vía Galega

Esta noite, o mural realizado por Vía Galega coa autocaricatura de Castelao e a frase “ se aínda somos galegos e por obra e gracia do idioma” realizado en Compostela, na Rúa Campoamor, apareceu vandalizado. Soamente desde o odio a Castelao e ao noso idioma e, por tanto, ao pobo galego se explica unha actuación deste tipo. Non nos van amedrentar. Por iso,  Vía Galega restaurará o mural e continuará propagando o legado literario e artístico e o pensamento nacionalista de Castelao. Ao mesmo tempo, solicitamos que se investigue a autoría destes feitos cargados de supremacismo españolista.